O 14 de outubro é o 287º día do ano do calendario gregoriano (288ºnos anos bisestos). Quedan 78 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1066 - Batalla de Hastings en Inglaterra, Guillerme I de Inglaterra (alcumado "O Conquistador") é o último invasor que invadirá con éxito Inglaterra. Converterase en rei dous meses despois, o día de Nadal. 1322 - Batalla de Old Byland no curso das guerras de independencia de Escocia (Escocia), Roberto I Bruce derrota en Yorkshire ao rei Eduardo II de Inglaterra, forzándoo a aceptar a independencia de Escocia. 1486 - Boabdil regresa a Granada e, no Albaicín, é coroado rei por segunda vez. 1582 - En Roma, o papa Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano en substitución do calendario xuliano; a noite do xoves 4 de outubro deu paso ao venres 15 de outubro, polo que o 14 de outubro de 1582 nunca existiu en Italia, Polonia, Portugal e España. 1586 - María I de Escocia é encarcerada por conspirar contra Sabela I de Inglaterra. 1651 - En España, o río Segura sofre a ríada de San Calisto; en Murcia alcanza 1700 m3/s e cáusalle a morte a máis de mil persoas. 1656 - O estado de Massachusetts, en mans dos puritanos, presenta a primeira lexislación punitiva contra a Sociedade Relixiosa dos Amigos (cuáqueros) considerándoos apóstatas e politicamente subversivos debido a que carecían de rituais. 1687- No Perú, un gran maremoto destrúe parte de Lima e Callao. 1707 - Na guerra de sucesión española, as tropas borbónicas asaltan Lleida e atacan á poboación civil. 1758 - No marco da guerra dos Sete Anos, Austria derrota a Prusia na batalla de Hochkirch. 1773 - En Polonia créase o primeiro Ministerio de Educación, o Komisja Edukacji Narodowej (Comisión de Educación Nacional, en polaco). 1773 - En Anápolis, Maryland, no marco da guerra de independencia estadounidense, os estadounidenses queiman un barco británico de carga da East India Company. 1780 - Nas illas Antillas (mar Caribe) é o quinto día do Gran Furacán de 1780, o primeiro furacán con maior número de vítimas mortais dos que se teñen datos (22 000 mortes directas, 27 000 mortes totais). Durará até o 16 de outubro. 1789 - En EUAN, George Washington proclama o primeiro Día de Acción de Grazas. 1806 - Prodúcense as batallas de Jena e a de Auerstädt; en ambas, os exércitos de Napoleón derrotan aos prusianos. 1813 - En Caracas, o militar Simón Bolívar é proclamado como Libertador, ao finalizar exitosamente a campaña admirable. 1905 - Fúndase o Sevilla Fútbol Club. 1931 - Apróbase a Constitución da Segunda República Española 1947 - Nos Estados Unidos, Charles Elwood Yeager atravesa a barreira do son por primeira vez. 1957 - Gran riada de Valencia, debida ao desbordamento do río Turia, que alcanza 3700 m3/s, o caudal rexistrado máis alto desde que se teñen datos. As inundacións tamén afectan ao río Palancia. 1960 - A URSS lanza a sonda Marsnik 1960B, propulsada por un foguete que fallou, espetándose contra a Terra. 1962 - Crise dos mísiles de Cuba. 1964 - O estadounidense Martin Luther King recibe o Premio Nobel da Paz. 1981 - En Exipto, o vicepresidente Hosni Mubarak accede á presidencia tras o asasinato do presidente Anwar el-Sadat. 2001 - Na Arxentina celébranse eleccións lexislativas. O voto en branco («voto bronca») logra porcentaxes destacadas. 2004 - En Camboxa, despois da abdicación do rei, o Consello do Trono escolle a Norodom Sihamoní como novo rei. 2005 - A petición do fiscal Luis Moreno Ocampo, a Corte Penal Internacional emite as primeiras ordes internacionais de busca e captura contra cinco membros do Exército de Resistencia do Señor. 2008 - No Canadá, Stephen Harper é reelixido primeiro ministro do Canadá nunhas eleccións xerais adiantadas, mais sen conseguir a maioría absoluta, o seu partido, o Partido Conservador, obtén o 38% dos sufraxios populares. 2011: en Guadalaxara, Xalisco inaugúranse os XVI Xogos Panamericanos.
Nacementos miniatura|100px|Éamon de Valera 1404 - María de Anjou, raíña consorte francesa. 1499 - Claudia de Francia, dama francesa, raíña consorte entre 1515 e 1524. 1574 - Ana de Dinamarca, raíña consorte de Escocia (1589—1619) e Inglaterra (1603—1619). 1630 - Sofía de Wittelsbach, princesa de Escocia e Inglaterra. 1633 - Xacobe II, rei de Inglaterra, Irlanda e Escocia (1685-1689). 1644 - William Penn, inglés fundador da colonia estadounidense de Pensilvania. 1687 - Robert Simson, matemático escocés (m. 1768). 1721 - Pierre Victor de Besenval de Brünstatt, militar suízo. 1784 - Fernando VII, rei de España entre 1813 e 1833. 1789 - Agustín Durán, escritor e erudito español do Romanticismo. 1801 - Joseph-Antoine Ferdinand Plateau, físico belga; definiu o principio da persistencia retiniana. 1811 - Jakob Alberty, escultor alemán. 1845 - Padre Marianito, sacerdote e beato colombiano. 1863 - Pedro Sáenz, pintor español. 1873 - Jules Rimet, dirixente deportivo francés, presidente da FIFA entre 1921 e 1954 (m. 1956). 1873 - José Serrano, compositor español de zarzuelas. 1882 - Éamon de Valera, político independentista irlandés. 1888 - Katherine Mansfield, escritora neozelandesa. 1890 - Dwight David Eisenhower, militar e político estadounidense, 34.º presidente entre 1953 e 1961. 1892 - Heinrich Lübke, político alemán. 1893 - Lillian Gish, actriz estadounidense. 1895 - Mariano Barberán, militar español. 1897 - Rafael de Nogales Méndez, mercenario e escritor venezolano. 1900 - William Edwards Deming, estatístico, profesor e escritor estadounidense, difusor do concepto de «calidade total». 1902 - Learco Guerra, «a Locomotora Humana», ciclista italiano. 1906 - Hannah Arendt, teórica política alemá. 1906 - Hasan al-Banna, islamista exipcio, fundador da Organización dos Irmáns Musulmáns de Exipto. 1907 - Aniela Wolberg, anarquista polaca (m. 1937). 1909 - Bernd Rosemeyer, piloto deportivo alemán. 1914 - Raymond Davis Jr., físico estadounidense, gañador do Premio Nobel de Física no 2002. 1917 - Ahmad Ismail Ali, militar exipcio. 1919 - Mary Carrillo, actriz española (m. 2009). 1927 - Roger Moore, actor británico. 1927 - Enrique Lafourcade, escritor chileno. 1929 - Baldomero Cores Trasmonte, avogado, xornalista, sociólogo e escritor galego. 1930 - Schafik Handal, político salvadoreño (m. 2006). 1930 - Mobutu Sese Seko, presidente de Zaire entre 1965 e 1997. 1931 - Rafael Puyana, clavecinista colombiano. 1931 - Federico Kirbus, xornalista, escritor e investigador arxentino. 1932 - Wolf Vostell, artista alemán. 1939 - Ralph Lauren, deseñador de moda estadounidense. 1940 - Cliff Richard, cantante británico de rock. 1942 - Manuel Herrera, cineasta cubano. 1943 - Farruco Sesto Novás, político e escritor galego. 1945 - Tom Silverio, beisbolista dominicano. (m. 2011) 1946 - Hilda González de Duhalde, Chiche, política arxentina. 1946 - Justin Hayward, guitarrista, cantante e compositor inglés (The Moody Blues). 1946 - Joey de León, actor e cantante filipino. 1946 - Craig Venter, biólogo estadounidense. 1947 - Juan del Río Martín, arcebispo castrense español. 1949 - Katha Pollitt, escritora estadounidense. 1952 - Nikolai Andrianov, ximnasta ruso. 1954 - Mordejái Vanunu, técnico nuclear israelí. 1958 - Thomas Dolby, músico inglés. 1960 - Steve Cram, atleta británico. 1962 - Mauricio Cravotto, arquitecto uruguaio. 1963 - Lori Petty, actriz estadounidense. 1963 - Alessandro Safina, cantante e tenor italiano. 1964 - Martha Moyano, enfermeira e política peruana. 1964 - Begoña Caamaño, xornalista e escritora galega. 1964 - Pere Ponce, actor español. 1965 - Steve Coogan, actor británico. 1965 - Karyn White, cantante estadounidense. 1967 - Gérald De Palmas, cantante francés. 1968 - María Lucía Fernández, periodista e presentadora de televisión colombiana. 1968 - Matthew Le Tissier, futbolista inglés. 1969 - P.J. Brown, baloncestista estadounidense. 1969 - David Strickland, actor estadounidense. 1970 - Jon Seda, actor portorriqueño. 1971 - Jorge Costa, futbolista portugués. 1971 - Bernardo de la Garza, político mexicano. 1971 - Antonios Nikopolidis, futbolista grego. 1972 - Miguel Ángel Martín Perdiguero, ciclista español. 1973 - Luca Pancallo, inventor italiano, creador inicial do videoxogo Planeshift. 1974 - Natalie Maines, cantante e compositora estadounidense (Dixie Chicks). 1974 - Carlos Alejandro Sierra Fumero, futbolista español. 1975 - Floyd Landis, ciclista estadounidense. 1975 - Alberto Lema, escritor galego. 1975 - Shaznay Lewis, cantante e compositora británica do grupo musical All Saints. 1975 - Iván Parra, ciclista colombiano. 1976 - Jordi Cruz, presentador español. 1977 - Bianca Beauchamp, modelo estadounidense. 1977 - Noelia Rodríguez, poeta galega. 1978 - Usher, cantante e actor estadounidense. 1979 - Stacy Keibler, loitadora profesional estadounidense. 1980 - Paul Ambrosi, futbolista ecuatoriano. 1980 - Ben Whishaw, actor inglés. 1981 - Carolina Ruiz Castillo, esquiadora española. 1982 - Joe Keenan, futbolista inglés. 1985 - Gustavo Cabral, futbolista arxentino. 1985 - Digão, futbolista brasileiro. 1985 - Sherlyn González, actriz mexicana. 1985 - Alexandre Negrão, piloto brasileiro de GP2. 1991 - Andrea Duro, actriz española.
Mortes miniatura|100px|Garcilaso de la Vega. miniatura|100px|Ramón Suárez Picallo. 962 - Gerloc (Adela de Normandía), nobre normanda. 1066 - Harold II, último rei saxón de Inglaterra (1066). 1536 - Garcilaso de la Vega, poeta español. 1568 - Jacques Arcadelt, compositor franco-flamengo do Renacemento. 1833 - Santos Ladrón de Cegama, militar español. 1846 - Paul Thiébault, militar francés. 1875 - Albert Jacquemart, ceramista francés. 1944 - Erwin Rommel, militar alemán. 1959 - Errol Flynn, actor estadounidense. 1964 - Ramón Suárez Picallo, político galego. 1966 - Vicente Rojo Lluch, xeneral español. 1967 - Marcel Aymé, escritor francés. 1977 - Bing Crosby, actor e cantante estadounidense. 1983 - Jesús de la Rosa Luque, cantante español (Triana, grupo andaluz de rock). 1981 - Amando Suárez Couto, pintor galego (n. 1894). 1984 - Martin Ryle, astrónomo británico, Premio Nobel de Física en 1974. 1985 - Emil Gilels, pianista soviético. 1990 - Leonard Bernstein, director de orquestra, pianista e compositor estadounidense. 1997 - Harold Robbins, novelista estadounidense. 1998 - Cleveland Amory, escritor estadounidense. 1999 - Julius Nyerere, político tanzano, presidente da Tanganica independente entre 1962 e 1964, e de Tanzania entre 1964 e 1985. 1999 - Grim, batería que participou nos grupos Gorgoroth e Immortal. 2001 - David Kellogg Lewis, filósofo estadounidense. 2003 - Mohammed Basri, político marroquí. 2004 - Juan Francisco Fresno, arcebispo e cardeal chileno. 2004 - Ivan Šamiakin, escritor bielorruso. 2006 - Freddy Fender, cantante estadounidense de ascendencia mexicana. 2010 - Benoît Mandelbrot, matemático franco-estadounidense de orixe polaca (n. 1924).Falece o matemático Benoit Mandelbrot, pai da matemática fractal 2014 - Alejandrino Fernández Barreiro, avogado e político galego (n. 1943). 2019 - Harold Bloom, crítico e teórico literario estadounidense (n. 1930).
Festas e celebracións Día Mundial da Espirometría.Día Mundial Espirometría Intercesión da Nai de Deus, festa observada polas Igrexas ortodoxas e católicas orientais. Outros
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Outubro