Emilio Madariaga y Rojo, nado na Coruña o 24 de novembro de 1887 e finado en Madrid o 18 de marzo de 1920 foi un escultor galego.
Traxectoria Este escultor, pertencente a mesma xeración que Francisco Asorey, foi irmán do diplomático e escritor Salvador de Madariaga (eran once irmáns). Formouse en París, sendo quizais o único galego e un dos poucos españois que coñeceu e estudou a obra de Auguste Rodin directamente. Máis tarde, obrigado pola Primeira guerra mundial, trasladouse a Madrid. miniatura|300px|Madariaga no estudio madrileño, rodeado das súas obras, co médico Rodríguez e o seu busto. Foi autor de obras como Amor divino; Alma castelá; un busto do seu irmán (Museo de Belas Artes de Asturias); Inxenua (Museo de Salamanca); Dor; Retrato dun filósofo, Retrato do Sr. Cuervo; Dama eslava; Luxuria; Amor profano ou o busto do médico José Rodríguez Martínez, exposto na praza de Ourense da Coruña, entre outras.
Finou prematuramente, á idade de 33 anos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Compilación de bibliografía sobre Emilio Madariaga en pintoresgallegos.com
Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados en 1887 Categoría:Escultores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escultores do século XX