O Hibernian Football Club nace en Edimburgo no ano 1875 e sendo na cidade o que o Celtic F.C. en Glasgow. O equipo ademais de ser coñecido coma Hibernian recibe tamén as denominacións alcumísticas de "Hi-bees" e de "Hibs", pero hai que ter coidado e tentar non dicir Hibernians porque daquela estariamos a referirnos a un club de Malta.
O Hibernian mantén unha grande rivalidade co seu veciño da capital escocesa, o Hearts.
Xoga no estadio chamado Easter Road con 20.421 asentos.
A súa primeira equipamento está formada por unha camisola verde coas mangas brancas e pantalonciño e medias cor verde.
Palmarés Liga de Escocia: 1902–03, 1947–48, 1950–51, 1951–52 Copa de Escocia: 1886–87, 1901–02, 2015–16 Copa da Liga de Escocia: 1972–73, 1991–92, 2006–07 First Division: 1893–94, 1894–95, 1932–33, 1980–81, 1998–99
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club
Categoría:Hibernian FC