A American Philatelic Society (APS) é a federación filatélica dos Estados Unidos, a máis grande das asociacións filatélicas do mundo con 44.000 membros (2005) en 110 países, incluíndo comerciantes filatélicos e 700 clubs locais, ademais 200 sociedades especializadas están afiliadas á APS. A súa sede tradicional estivo en Bellefonte, Pensilvania aínda que recentemente a trasladou a State College, Pensilvania.
Historia A APS fundouse o 13 de setembro de 1886 en Nova York co nome de American Philatelic Association, o seu primeiro presidente foi John K. Tiffany e representaba a uns 400 filatelistas membros da APS. En 1897 cambiou o seu nome polo actual primeiro durante uns poucos meses en 1897 e permanentemente en 1908. En 1940 tiña 4.000 membros entre eles o presidente dos Estados Unidos Franklin Delano Roosevelt e o seu secretario do Interior Harold L. Ickes. A APS é o representante dos Estados Unidos na Federation Internationale de Philatelie desde 1947.
Servizos The American Philatelist - revista mensual StampStore - compra online de selos circuíto de venda por correo American Philatelic Research Library, a biblioteca da APS seguro para coleccións de selos American Philatelic Expertizing Service, servizo de experterización filatélico acreditación de xuíces para exhibicións filatélicas.
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da APS
Categoría:Organizacións filatélicas Categoría:Cultura dos Estados Unidos de América