O Ibrox Stadium (orixinalmente Ibrox Park) é un estadio de fútbol situado na ribeira sur do río Clyde, no distrito de Ibrox da cidade de Glasgow, en Escocia. Inaugurado en 1899, é sede habitual do Rangers FC. miniatura|Entrada do Ibrox Stadium Historia A súa denominación orixinal era a de Ibrox Park mais agora ten como nome oficial o de Ibrox Stadium. Este estadio ten unha capacidade de 50,987 seareiros con tódalas súas bancadas de sentar e é un dos dous estadios de Escocia, xunto ó Hampden Park, que está denominado pola UEFA como un cinco estrelas. A nivel nacional tan só lle gaña en capacidade, amais de Hampden Park, o Celtic Park, que é o de máis capacidade do país.

Este campo de fútbol é a casa do Rangers dende 1899 e así o foi dende entón e segue a selo nos nosos tempos.

O récord que ostenta este campo é o de maior xente vendo un partido de liga de todo o Reino Unido. Foi en 1939 e asistiron, segundo os datos oficiais que se barallan, 118.567 persoas para ver un derbi do Old Firm co Celtic.

A súa última renovación data do 1997.

Traxedias na historia do estadio Ocorreron dúas traxedias no Ibrox Stadium, a primeira en 1902 e a segunda en 1971.

A que sucedeu en primeiro termo foi a do 5 de abril do 1902 nun partido entre as seleccións nacionais de Escocia e de Inglaterra durante un encontro do Campionato Británico. Parte dunhas bancadas, que eran de madeira, viñéronse cara a abaixo e caeron os afeccionados alí presentes dende unha altura duns 12 m. Houbo 26 vítimas mortais e arredor de 500 feridos, polo que chegou a ser, daquela, o peor dos desastres acaecidos nun encontro de fútbol. A resposta inmediata ante este suceso foi o reforzamento dos chanzos con formigón en todo o Reino Unido. E a segunda ocorreu no 2 de xaneiro de 1971 cando nun partido contra os eternos rivais (o Celtic) o conxunto local foi quen de consegui-la igualada a un tanto nos derradeiros intres do encontro, o que supuxo unha reacción de tolemia xeneralizada entre os "Bluenoses" que rematou en 66 mortos e arredor de 200 feridos.

Categoría:Estadios de fútbol de Escocia Categoría:Glasgow