A Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés, International Association of Athletics Federations, ou IAAF) é o órgano de goberno do atletismo a nivel mundial.
Historia A IAAF foi fundada o 17 de xuño de 1912, baixo o nome de Federación Internacional de Atletismo Amateur (en inglés, International Amateur Athletics Federation), por representantes de 17 federacións nacionais de atletismo, no seu primeiro congreso celebrado en Estocolmo (Suecia).«History - Introduction.» Consultada o 27 de agosto de 2018.
En 1982 e anos posteriores, a IAAF acometeu varios cambios nas súas regras internas que permiten que os atletas poidan recibir compensacións económicas pola súa participación en competicións atléticas. Porén, a pesar diso, a IAAF mantivo a palabra "amateur" no seu nome até o congreso celebrado en 2001, polo o que o seu nome pasou de ser Federación Internacional de Atletismo Afeccionado ao actual Asociación Internacional de Federacións de Atletismo.
Desde outubro de 1993 a sede central da IAAF encóntrase en Mónaco.
Funcións Entre as súas funcións, ademais da organización de eventos deportivos, encóntranse a estandarización de métodos para medir o tempo nas probas cronometradas, así como o mantemento e recoñecemento de récords do mundo de atletismo nas súas diferentes categorías.
Competicións organizadas pola IAAF A IAAF organiza numerosas competicións en cada unha das súas especialidades ou disciplinas. As máis importantes son: Campionato Mundial de Atletismo Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta Copa Continental da IAAF Campionato Mundial de Carreiras de Relevos Campionato do Mundo de Marcha Atlética por Equipos (antes, Copa do Mundo de Marcha Atlética) Campionato Mundial de Medio Maratón Campionato Mundial de Campo a Través Campionato Mundial de Atletismo Sub-20 Campionato Mundial de Atletismo Sub-18 Liga de Diamante IAAF World Challenge IAAF Challenges (eventos combinados, marcha atlética e lanzamento de martelo) Road Races (maratón, medio maratón, carreira de 10 km, carreira de 20 km, e outros)
Organización A estrutura xerárquica da Asociación está conformada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso, o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.
Federacións continentais A IAAF conta, desde 2015, coa afiliación de 214 federacións nacionais, repartidas en seis organismos continentais: NomeSiglaSedeNº defederacións Páx. web Confederación Africana de Atletismo (CAA) Dakar, 54 Asociación Asiática de Atletismo (AAA) Singapur, 45 Asociación Europea de Atletismo (EAA) Lausana, 51 Asociación de Atletismo de Norteamérica, Centroamérica e o Caribe (NACAC) San Xoán, 31 Asociación de Atletismo de Oceanía (OAA) Hermit Park, 20 Confederación Suramericana de Atletismo (ConSudAtle) Manaus, 13
Presidentes NºPeríodoNomePaís 1 1912 – 1946 Sigfried Edström 2 1946 – 1976 David Burghley 3 1976 – 1981 Adriaan Paulen 4 1981 – 1999 Primo Nebiolo 5 1999 – 2015 Lamine Diack 6 2015 – Sebastian Coe
Federacións nacionais África (CAA) <th width=16%>Asia (AAA) Europa (EAA) <th width=16%>América do Norte (NACAC) Oceanía (OAA) <th width=16%>América do Sur (ConSudAtle) ()
A Federación Rusa de Atletismo foi suspendida provisionalmente como membro da entidade por resolución da IAAF do 15 de novembro de 2015.Mundo Deportivo: «Rusia, suspendida por la IAAF». ()
()
()
()
( ) ( ) ()
() () ()
() ()
() ()
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atletismo
Ligazóns externas Sitio oficial da IAAF .
Categoría:Atletismo Categoría:Organizacións deportivas