miniatura|354x354px|Bauhaustreppe (Escaleira da Bauhaus) de Schlemmer (1932), Museum of Modern Art (MoMA), Nova York. Oskar Schlemmer, nado en Stuttgart o 4 de setembro de 1888 e finado en Baden-Baden o 13 de abril de 1943, foi un pintor, escultor e deseñador alemán relacionado coa Escola da Bauhaus.

Traxectoria Nado en Stuttgart, tivo unha formación en marquetaría. Entrou na Bauhaus de Weimar en 1920. Traballou durante algún tempo no obradoiro de escultura mural e, despois, no de escultura. A súa obra máis famosa é «Triadisches Ballett» (1922), no que os actores aparecen disfrazados de formas xeométricas. Igualmente en Slat Dance e Treppenwitz, o vestiario dos intérpretes fai deles esculturas vivas, coma se fosen parte do escenario. Tamén para o eido da danza fixo o vestiario de "Blonde Marie" con Trudi Schoop en 1938.

En 1923, foi contratado como mestre do obradoiro de teatro. Cando a Bauhaus se trasladou a Dessau, creou teatros de ensaio.

As súas cartas privadas, especialmente as dirixidas a Otto Meyer e Willi Baumeister, e o seu diario persoal deron valiosas referencias do que ocorría na Bauhaus. Especialmente, fala de como o persoal e os estudantes reaccionaban ós moitos cambios e desenvolvementos que ocorrían na escola.

Notas

Véxase tamén Bibliografía VV.AA.: Los maestros de la pintura occidental, volumen II, Taschen, 2005. ISBN 3-8228-4744-5

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en Stuttgart Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Escultores de Alemaña Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI