Geranoaetus melanoleucus é unha especie de ave accipitriforme da familia Accipitridae. Trátase dunha ave de rapina que vive en Suramérica.

Características Mide entre 70 e 90 cm, e é tan grande coma unha aguia. O macho adulto ten a área ventral branca, con finas tiras negras, e o dorso negro con plumas de cor agrisada nas ás. A femia distínguese polo seu maior tamaño.

Resulta doado de identificar polo contraste negro e branco, e polo seu característico voo, de aleteo curto e coa coa moi erguida.

Subespecies Recoñécense dúas subespecies de Geranoaetus melanoleucus:

Geranoaetus melanoleucus melanoleucos - a través do sueste de América do Sur, dende o sur do Brasil ó nordeste da Arxentina, coas partes inferiores completamente brancas. Geranoaetus melanoleucus australis - en Colombia ó noroeste de Venezuela, e cara ó sur polos Andes até Terra de Fogo, amosa franxas grises sucando o seu abdome.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1819