A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), en castelán Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición, foi un organismo autónomo de España adscrito ao Ministerio de Sanidade e Consumo, que existiu entre 2002 e 2014. En 2014, polo Real Decreto 19/2014, de 17 de xaneiro, fundiuse co Instituto Nacional do Consumo dando lugar á Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición.
Misión A súa misión era garantir o máis alto grao de seguridade e promover a saúde dos cidadáns: Reducido os riscos das enfermidades transmitidas ou vehiculadas polos alimentos. Garantindo a eficacia dos sistemas de control dos alimentos. Promovendo unha alimentación variada e equilibrada que promova unha mellor saúde da poboación favorecendo a súa accesibilidade e a información sobre as mesmas.
Funcións Coordinar as actuacións relacionadas directa ou indirectamente coa seguridade alimentaria. Instar actuacións executivas e normativas, das autoridades competentes, especialmente en situacións de crises ou emerxencias. Coordinar o funcionamento das redes de alerta existentes no ámbito da seguridade alimentaria. Asesorar na planificación e desenvolvemento das políticas alimentarias. Elaborar, en coordinación coComité Científico, informes técnicos e difundilos.
Lista de Presidentes Pilar Farjas Abadía (2012-2014) Roberto Sabrido Bermúdez (2008-2012) Félix Lobo Aleu (2005-2008) María Purificación Neira González (2002-2005)
Lista de Directores Executivos Ángela López de Sá (2012-2014) Ana María Troncoso González (2008-2012) José Ignacio Arranz Recio (2004-2008) Pilar Farjas Abadía (2002-2004)
Categoría:Administracións públicas de España Categoría:Dereito alimentario