Cristina Fernández Cubas, nada en Arenys de Mar (provincia de Barcelona) en 1945, é unha escritora e xornalista española, unha das máis destacadas cultivadoras do relato breve na literatura española das décadas de 1990 e 2000. Biografía e traxectoria literaria Estudou Dereito en Barcelona, e Xornalismo en Madrid, profesión esta última que exerceu desde moi nova. Casada co escritor Carlos Trías Sagnier. Residiu, entre outras cidades, no Cairo, Lima, Buenos Aires, París e Berlín.

Publicou o seu primeiro volume de contos, Mi hermana Elba, en 1980, ao que lle seguiron outros: Los altillos de Brumal (1983), El ángulo del horror (1990), Con Ágatha en Istambul (1994), Parientes pobres del diablo (2006), 'Todos los cuentos (2009).Literaturas

É tamén autora de novelas —El año de Gracia e El columpio—, unha obra de teatro —Hermanas de sangre— e un libro de memorias narradas, Cosas que ya no existen (2001), recuperado en 2011 por Tusquets Editores. A súa novela El año de Gracia inspirou o compositor Albert Sardá a ópera do mesmo nome, estreada en Alacant en setembro de 1992 no VII Festival de Música Contemporánea, dirixida por Joan Lluis Bozzo.

En 2013 decidiu utilizar o pseudónimo de Fernanda Kubbs para a súa novela La puerta entreabierta, sobre unha xornalista escéptica que ao visitar unha vidente sofre unha transformación inesperada.Sergi Foria

Fernández Cubas válese dos modelos da narración fantástica para enfrontar os seus personaxes -principalmente femininos- a unhas atmosferas inquietantes, plenas de suxestións, un xogo no que o lector é parte activa do desciframento das claves e dos silencios, do desvelamento das razóns últimas das psicoloxías e condutas.

Premios e recoñecementos

Premio NH Hoteles para Cuentos (2001), por Cosas que ya no existen. Premio Setenil (2006), por Parientes pobres del diablo Premi Ciutat de Barcelona (2009), por Todos los cuentos Premio Salambó (2009), por Todos los cuentos Premio Qwerty (2009), por Todos los cuentos Premio Tormenta (2009), por Todos los cuentos Premio da Crítica (2015), por La habitación de Nona Premio Nacional de Narrativa de España (2016), por La habitación de Nona Premio Nacional das Letras Españolas (2023)

Obra A súa obra está traducida a dez idiomas.

Narrativa

Mi hermana Elba, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1980 Los altillos de Brumal, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1983 El año de Gracia, novela, Barcelona, Tusquets Editores, 1985 Cris y Cros, seguido de El vendedor de sombras, Madrid, Editorial Alfaguara, 1988 El ángulo del horror, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1990 Con Ágatha en Estambul, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1994 El columpio, Barcelona, novela, Tusquets Editores, 1995 Parientes pobres del diablo, contos, Barcelona, Tusquets Editores 2006 Todos los cuentos (inclúe os relatos dos cinco anteriores contarios), Barcelona, Tusquets Editores, 2008 La habitación de Nona, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 2015

como Fernanda Kubbs

La puerta entreabierta, novela, Barcelona, Tusquets Editores, 2013

Antoloxías

Aquelarre. Antología del cuento de terror español actual (relato «Salto de página», 2010)

Teatro

Hermanas de sangre, Barcelona, Tusquets Editores, 1998

Biografía

Emilia Pardo Bazán, Barcelona, Editorial Omega, 2001

Memorias

Cosas que ya no existen'', Barcelona, Lumen 2001, Tusquets Editores 2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina dedicada a Cristina Fernández Cubas con listaxe de ligazóns actualizada Entrevista en El síndrome Chéjov Interno con figura, relato de La habitación de Nona onde algún lector apreciou posibles coincidencias casuais ou non

Categoría:Nados en Arenys de Mar Categoría:Nados en 1945 Categoría:Escritores en lingua castelá