Sergi Vidal Plana, nado o 9 de abril de 1981 en Badalona é un ex xogador profesional internacional de baloncesto español que xogaba nas posicións escolta ou ala.
Traxectoria Nado en Badalona, Sergi Vidal comeza a súa carreira nas categorías inferiores do Joventut de Badalona, entrando a formar parte do club en 1992. Tras ir ascendendo de categoría, consegue chegar á sección júnior en 1998. Tras xogar no equipo de Liga EBA, debuta co primeiro equipo da ACB na novena xornada ante o Adecco Estudiantes. No encontro, xogado no Palacio de Deportes da CAM, Vidal xoga case nove minutos nos que anota 9 puntos e rouba tres balóns. Tras a súa boa actuación nas cateogrías inferiores do club "verdinegro", no verán do ano 2000 asina polo Tau Cerámica de Vitoria. Na súa presentación co equipo declarou "Veño aquí a gañar títulos e non me irei até que non consiga gañalo todo con este equipo, e prometo aos seareiros que este ano seremos campións". Dito e feito, durante nove temporadas co equipo vasco consegeue gañar dúas Ligas ACB (2001−02 e 2007−08), catro Copas do Rei (2001−02, 2003−04, 2005−06 e 2008−09) e catro Supercopas (2005, 2006, 2007 e 2008), ben como dúas veces subcampión da Euroliga.
No verán de 2009 muda de equipo após pagar o Real Madrid 600.000 € pola súa fichaxe. Porén, debido a unha lesión no pulso, on puido debutar co equipo madrileño até o 23 de decembro desde mesmo ano. Ese día, entrando en substitución de Louis Bullock anotou 8 puntos e deu 3 asistencias. O seu paso polo Real Madrid estivo marcado por múltiples lesión, que lle impediron adquirir regularidade co equipo. Tras dúas temporadas, en 2011 asina polo Lagun Aro GBC, onde chega coa expectativa de superar a "peor etapa deportiva da súa carreira". Nesta temporada destaca até o punto de ser elixido MVP da Liga no mes de marzo e integrante do quinteto ideal da temporada. Tras acabar o seu contrato asina por dúas temporadas co Unicaja Málaga, para posteriormente en 2014 regresar o seu club de formación, o Joventut. No equipo badaloní convértese durante catro temporadas no líder do equipo, mesmo en 2017 e 2018 volvendo de novo a xogar coa selección española. Cómpre destacar que durante a temporada 2017−18 xogou o seu partido 600 en ACB, sendo o décimo cuarto xogador en conseguilo. O 14 de setembro de 2018, tras desvincularse do Joventut, anúnciase a súa fichaxe polo Cafés Candelas Breogán.
O 24 de setembro de 2019, anunciouse a súa fichaxe por un mes polo Baloncesto Fuenlabrada.Vidal y Richotti reforzarán al Montakit Fuenlabrada durante un mes
O 3 de novembro de 2019, Vidal asinou un contrato temporal co Bàsquet Manresa da Liga ACB, para cubrir a baixa por lesión de Pere Tomás.Sergi Vidal ficha por BAXI Manresa como refuerzo temporal
O 17 de decembro de 2019, anunciou a súa retirada como xogador profesional.Sergi Vidal cuelga las botas
Internacional Grazas ao seu destacábel rendimento no Baskonia, foi convocado por primeira vez coa selección española no ano 2005. O seu primeiro partido foi en Alacant ante a selección francesa, onde anotou tres puntos. Ese mesmo ano foi convocado para xogar o Mundial de Belgrado, onde antixiu o cuarto posto. Porén, a competencia que había no combinado na súa posición, onde estaban Juan Carlos Navarro e Rudy Fernández, evitou que fose convocado de forma máis asídua. En 2017 anúnciase a súa volta á selección, onde participa nos encontros clasificatorios para o Mundial de 2019.
Clubs Pinturas Bruguer Badalona (ACB, 1999–2000) Caja Laboral Baskonia (ACB / Euroliga, 2000–2009) Real Madrid (ACB / Euroliga, 2009–2011) Lagun Aro GBC (ACB, 2011–2012) Unicaja Málaga (ACB / Euroliga, 2012–2014) Divina Seguros Joventut (ACB, 2014–2018) Cafés Candelas Breogán (ACB, 2018–2019) Montakit Fuenlabrada (ACB, 2019) BAXI Manresa (ACB, 2019)
Palmarés Doméstico Liga ACB (2): 2002, 2008 Copa do Rei (4): 2002, 2004, 2006, 2009 Supercopa (4): 2006, 2007, 2008, 2009 Euroliga. Subcampión (2): 2001, 2005 Liga ACB. Subcampión (2): 2005, 2006 Copa do Rei. Subcampión (3): 2008, 2010, 2011 Supercopa. Subcampión (1): 2010
Internacional Campionato de Europa Xove 2000. Medalla de Bronce.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Badalona Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa