Margarita Astray Reguera, nada en Ourense en 1885 e finada en Madrid en abril de 1936, foi unha escritora en lingua castelá e pianista galega.

Traxectoria Filla de Julio Astray Caneda e Elvira Reguera. Educada en Madrid, con dezaoito anos casou en Ourense en marzo de 1894 con Salvador Luccini Corcuera, enxeñeiro agrónomo,El Eco de Galicia, 3-3-1894, p. 2. tivo un fillo e enviuvou moi nova. Deu concertos nas Illas Baleares, Italia, Suíza, Francia, Inglaterra e Portugal e fixou residencia en París.

De volta en España, deixou a actividade musical para dedicarse á literaria. Colaborou en Heraldo de Madrid, Marineda (A Coruña),Hemeroteca da Real Academia Galega. La Tribuna (Madrid), Pictorial Review (Nova York), La Ilustración Artística (Barcelona), La Ilustración Española y Americana (Madrid), Ideales (Madrid) revista que fundou e dirixiu, Blanco y Negro (Madrid) e ABC (Madrid). miniatura|Otro beso, 1920. Volveu casar, con Enrique Loup.Necrolóxica ABC, 15/4/1936 .

Obras Otro beso, 1920.Obra teatral estreada en Bahía Blanca, Arxentina, o 17/7/1920, e publicada en Madrid o mesmo ano. A acción transcorre na Primeira guerra mundial en Madrid e Vigo. Hacia el ocaso: evocación narrativa, 1921.Publicada no n.º 4 da revista mensual Ideales. Pasión de moro, 1925. Santiña, inédita.Comedia en prosa de tres actos. Estreada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña en outubro de 1936. Unicamente se conserva unha copia mecanografada no Institut del Teatre de Barcelona. Una mujer...,Estreada en Andalucía en 1933. despois retitulada Alma de mujer, inédita.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas JR. "Astray Reguera, Margarita" Enciclopedia Universal Micronet (DVD) .

Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Dramaturgos do século XX