O Jeanne d'Arc Dijon Basket, máis coñecido como JDA Dijon, é un equipo profesional de baloncesto de Francia da cidade de Dijon (Borgoña-Franco Condado). O equipo disputa os seus partidos como local no Palais des sports Jean-Michel Geoffroy de Dijon, recinto con capacidade para 4.628 espectadores. Entre os seus maiores logros está a consecución de dous títulos de Copa, obtidos en 1993 e 2006. Actualmente compite na Ligue Nationale de Basketball Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés.
Historia A club Jeanne d’Arc (Xoana de Arco) foi fundado en xaneiro de 1880 en polo abade Bizouard na Rúa St. Philibert (hoxe Rúa Condorcet). Dado o éxito do número de socios inscritos, trasladouse ao distrito de Plaine des Roses Rúa Lacodaire. Entre as principais actividades ás que se adicaba o club estaban a ximnasia, o canto coral, o teatro ou o fútbol. Ao longo do tempo o club estivo apiques de desaparecer en varias ocasións. Durante a primeira guerra mundial (1914−18) o Jeanne d’Arc tiña máis de 450 membros, dos cales 57 faleceron durante a guerra. Posteriormente o club prospera e créanse novas seccións como o tenis de mesa, esgrima, e baloncesto. Durante a segunda guerra mundial o club volveu estar en perigo, con moitos falecidos entre os seus membros. Tras recuperarse de novo, en 1966 o club volve a sufrir graves problemas debido a problemas coa propiedade das súas instalación. Debido a isto, o club volveuse trasladar, esta vez ao Boulevard de l'Ouest, onde en 1972 se acabou de construír o pavillón de baloncesto Henri Boisselot. Posteriormente a esa época o Jeanne d'Arc limita as súas actividades ao baloncesto. Entre os seus títulos destacan as dúas Copas de Francia (1993 e 2006) e un Match des Champions (2006).
Ano a ano AnoNivelLigaCopaLeaders CupCompeticións europeas2010–11 2 LNB Pro B 2ºSegunda rolda2011–12 1 LNB Pro A 9ºSegunda rolda2012–13 1 LNB Pro A 7ºSegunda rolda 3 EuroChallenge 2013–14 1 LNB Pro A 5º Semifinais Cuartos de final 3 EuroChallenge 2014–15 1 LNB Pro A 10º Semifinais 2015–16 1 LNB Pro A 9º Oitavos de final Cuartos de final 2016–17 1 LNB Pro A 12º Cuartos de final 2017–18 1 LNB Pro A 5º Terceira rolda 2018–19 1 LNB Pro A 3º Cuartos de final Cuartos de final 2019–20 1 LNB Pro A 2º Cuartos de final 3 Champions League 3º2020–21 1 LNB Pro A 2º Subcampión 3 Champions League 2021–22 1 LNB Pro A 5º Oitavos de final 3 Champions League
Xogadores Destacados
Yakhouba Diawara Laurent Sciarra Rowan Barrett Aldo Curti Nick Fazekas Boniface N'Dong Reggie Williams Andre Riddick Bobby Dixon
Títulos Copa de Francia Campións (2): 1993, 2006 Subampións (1): 2021 Match des champions Campións (1): 2006
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia