O 26 de outubro é o 299º día do ano do calendario gregoriano (300º nos anos bisestos). Quedan 66 días para finalizar o ano.

Acontecementos miniatura|200px|Titan 1110: Batalla de Candespina. 1377: en Bosnia, Stiefan Tvrtko é coroado o primeiro rei dese país. 1671: Jean-Dominique Cassini descobre Iapeto, o segundo satélite de Saturno. 1806: Napoleón entra triunfante en Berlín. 1850: Os Taiping sublévanse na China e o seu xefe Hung Siu-Tsen proclámase emperador. 1905: Suecia recoñece a independencia de Noruega. 1955: Ngo Dinh Diem se autoproclama Primeiro ministro de Vietnam do Sur. 1956: Tropas do Pacto de Varsovia invaden Hungría. 1965: Os Beatles son nomeados membros da Orde do Imperio Británico. 2004: A sonda espacial Cassini-Huygens envía á Terra as primeiras imaxes próximas de Titán, satélite de Saturno.

Nacementos miniatura|100px|Manuel Rivas 1685 - Domenico Scarlatti, compositor italiano (m. 1757). 1756 - Georges Jacques Danton, avogado e político francés (m. 1794). 1911 - Mahalia Jackson, cantante estadounidense (m. 1972). 1916 - François Mitterrand, estadista e presidente francés (m. 1996). 1942 - Bob Hoskins, actor inglés (m. 2004). 1945 - Xavier Rodríguez Baixeras, poeta e tradutor galego. 1947 - Hillary Clinton, política dos Estados Unidos. 1955 - Baltasar Garzón, xuíz español. 1957 - Manuel Rivas, escritor, poeta e xornalista galego. 1959 - Evo Morales, líder sindical e presidente de Bolivia, desde o 22 de xaneiro de 2006.

Mortes miniatura|100px|Carlo Collodi 1694 - Samuel von Pufendorf, xurista e historiador alemán (n. 1632). 1890 - Carlo Collodi, escritor italiano. 1893 - Juan Montero Telinge, político galego (n. 1900). 1957 - Nikos Kazantzakis, escritor grego. 1972 - Igor Sikorsky, pioneiro da aviación rusa. 1983 - Alfred Tarski, lóxico, matemático e filósofo polaco (n. 1901). 1998 - José Cardoso Pires, escritor portugués (n. 1925). 2000 - Jesús Puente, actor español. 2004 - Joan Oró, bioquímico catalán (n. 1923).

Festas e celebracións Día da Visibilidade Intersex Día Mundial da Amiloidose

Santoral San Evaristo. San Luciano.

Outros

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Outubro