Game Over é un videoxogo de ciencia ficción desenvolvido por Dinamic Software para Amstrad CPC, Commodore 64, DOS, MSX e ZX Spectrum en 1987.

Sinopse A raíña Gremla goberna sobre cinco confederacións de planetas grazas a un poderoso exército de Terminators dirixido por Arkos, o máis fiel dos servidores de Gremla ata que o desprezo da raíña fixo que se pasara ó exército inimigo dirixido por McKiller. O xogo divídese en tres fases, na primeira Arkos débese enfrontar ós Terminators no planeta Cárcere, onde Gremla obtén as materias primas. A segunda fase lévanos ó palacio Xungla onde Arkos se ten que facer cun caza capaz de vencer o radar de Gremla. A terceira fase condúcenos ó Planeta Palacio, onde está o palacio de Gremla que Arkos ten a teima de destruír.

Véxase tamén Ligazóns externas Game Over en Lemon64 Game Over en CPCZone Game Over en Generation-MSX

Categoría:Videoxogos desenvolvidos en España Categoría:Videoxogos de ciencia ficción Categoría:Videoxogos de 1987 Categoría:Videoxogos de Commodore 64 Categoría:Videoxogos de MSX Categoría:Videoxogos de ZX Spectrum