O Casal foi un apeadoiro de RENFE na parroquia de Laraño (Santiago de Compostela).Formaba parte da liña Santiago - Redondela.

Arquitectura

Consérvase o edificio de viaxeiros, que data de comezos do século XX. O predio consta dunha planta rectangular e dúas alturas, con tellado a dúas augas. Ten muros recebados e pintados de branco con vans simétricos en altura, con remate superior de arco rebaixado e esquinas con perpiaño á vista, igual que os esquinais da construción. Beirado de pedra con molduras e un van redondo no hastial do penal. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Liña Santiago - Vigo. Tramo 01: Santiago - Casal.

Casal Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela