A fouce e martelo (☭) é un símbolo historicamente empregado para representar ós traballadores, e de xeito máis particular e estendido ó comunismo e ós partidos políticos comunistas.
Historia
Deseño e simbolismo O deseño presenta unha fouce sobreposta a un martelo, de forma que semellan cruzados ou entrelazados. As dúas ferramentas simbolizan, respectivamente, o proletariado industrial e o campesiñado; as dúas clases cuxa alianza é considerada fundamental polos marxistas-leninistas para o triunfo da revolución socialista.
Primeiros usos O uso das dúas ferramentas para simbolizar os traballadores foi empregado décadas antes da Revolución de Outubro, por exemplo en moedas chilenas da última década do século XIX e primeira década do XX.
O emblema é máis coñecido por ter sido incorporado á bandeira vermella da URSS, así como a cada unha das súas repúblicas constituíntes, cabo da estrela vermella.
Uso soviético e ruso Dende 1917, coa Revolución Rusa, a fouce e martelo (en ruso, серп и молот, serp i molot) tornouse un dos símbolos da República Socialista Soviética Federada de Rusia (RSFSR). Inicialmente, era utilizada tan só no escudo da república, xa que a unión entre obreiros e campesiños fora declarada a base do Estado, e nos símbolos do Exército Vermello (creado no 1918).
Máis tarde, foi incorporado á bandeira da Unión Soviética, adoptada en 1923 e oficializada na Constitución Soviética de 1924, así como nas bandeiras das repúblicas soviéticas a partir de 1924. Antes diso, as bandeiras das repúblicas soviéticas xeralmente eran vermellas, co nome da respectiva república escrito en dourado , tal como estabelecía a Constitución Soviética de 1918.
O escudo de armas da Unión Soviética e os escudos das repúblicas soviéticas empregaban a fouce e martelo, como no emblema do uniforme e dos uniformes dos soldados do Exército Vermello e en diversos outros distintivos. A fouce e martelo sobreposta a un par de ás estilizadas era o logo da compañía aérea nacional soviética, a Aeroflot. Mesmo após a fin da URSS, a actual Aeroflot de Rusia continúa a utilizar o símbolo. Serp i Molot é o nome da planta metalúrxica de Moscova. Serp i Molot é o nome dunha estación ferroviaria de Kursk.
Os partidos comunistas afiliados ó Komintern e ó Kominform (que seguían a orientación de Moscova), e aínda os que se aliñaban a Pequín após o cisma sino-soviético, tenden a empregar a fouce e martelo ou emblemas similares nas súas simboloxías. Mentres, até mesmo partidos comunistas opostos tanto ás directrices da Unión Soviética como da China empregaban a fouce e martelo como símbolo (a pesar de, por veces, faceren leves modificacións estilísticas no deseño). Así, a fouce e martelo tornouse símbolo universal do comunismo, independentemente da orientación da tendencia ideolóxica
Partidos políticos En diversos países do mundo, a fouce e martelo é de uso exclusivo dos partidos políticos comunistas, adoptado pola inmensa maioría deles. Aínda que tamén algúns partidos comunistas abandonaron ou nunca utilizaron este símbolo.
Outros símbolos similares miniatura|esquerda|150px|Bandeira de Angola en 1975. miniatura|150px|Bandeira da RDA cun martelo, compás e trigo Algúns símbolos comunistas gardan semellanza estilística ou formal coa fouce e martelo, sen necesariamente representar unha fouce e un martelo. Exemplos disto aparecen na bandeira de Angola, no logotipo do Partido Comunista Português, do Partido Comunista dos EEUU, e nalgunhas representacións do logo da central sindical británica Transport and General Workers Union.
Outras variacións sobre o mesmo tema de ferramentas cruzadas inclúen o símbolo do Partido dos Traballadores Coreanos (martelo, pincel e fouce), o antigo símbolo do Partido Laborista Británico (espada, pa e aixada), e o símbolo da picaraña e fusil da Albania comunista.
As correntes ideolóxicas trotskistas, principalmente as organizadas sobre a IV Internacional, utilizan unha versión invertida da fouce e martelo.
O escudo de Austria mostra unha aguia apreixando unha fouce nunha garra e un martelo na outra, sen cruzalos. A pesar de non teren ningunha relación co comunismo, o deseño fíxose para representar obreiros e campesiños, as dúas principais clases sociais na sociedade austríaca na época da súa concepción.
No Unicode, o símbolo "fouce e martelo" obtense polo código U+262D (☭). Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Materia da BBC sobre iniciativas para prohibir a fouce e martelo Bandeira do Partido Comunista de Corea do Norte Partido dos Traballadores Coreanos (que usa fouce, pincel e martelo) Website da metalúrxica Serp i Molot - (en ruso)
Categoría:Comunismo Categoría:Símbolos de Armenia Categoría:Símbolos de Azerbaidján Categoría:Símbolos de Belarús Categoría:Símbolos da China Categoría:Símbolos de Kazakhstán Categoría:Símbolos de Kirguizistán Categoría:Símbolos de Laos Categoría:Símbolos de Rusia Categoría:Símbolos de Tadjiikistán Categoría:Símbolos de Turkmenistán Categoría:Símbolos de Ucraína Categoría:Símbolos da Unión Soviética Categoría:Símbolos de Uzbekistán