David Mark Neuhaus (en ), nado o 25 de abril de 1962 en Xohanesburgo, é un xesuíta israelí e vigairo patriarcal para os católicos de lingua hebrea do patriarcado latino de Xerusalén entre 2009 e 2017.
Traxectoria Fillo de xudeus alemáns, naceu o 25 de abril de 1962 en Xohanesburgo (Suráfrica). Aos 15 anos trasladouse a Israel. Educado no xudaísmo, con 26 anos se converteu ao catolicismo. Estudou Ciencias políticas na Universidade Hebrea de Xerusalén.
En 1992 ingresou na Compañía de Xesús, facendo os votos perpetuos o 20 de agosto de 1994. Cursou estudos de Filosofía e Teoloxía no Centro Sèvres de París e no Pontificio Instituto Bíblico de Roma, e o 8 de setembro de 2000 foi ordenado sacerdote polo patriarca Mixail Saba.
O 15 de marzo de 2009 foi nomeado por Fuad Tual vigairo patriarcal para os católicos de lingua hebrea, cargo que exerceu até 2017, cando pediu deixar o cargo.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Xohanesburgo Categoría:Relixiosos católicos de Suráfrica Categoría:Xesuítas Categoría:Sacerdotes católicos de Suráfrica Categoría:Sacerdotes católicos de Israel Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén Categoría:Alumnos do Centro Sèvres Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico