miniatura|240px|Primeiro plano O caracalcaracal, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume I. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2009, ISBN 978-84-9914-071-1. (Caracal caracal) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos. É un felino de tamaño medio (entre 60 e 92 cm de longo, sen incluír a curta cola) que vive nas sabanas e zonas semidesérticas de África e no oeste de Asia, desde Turquía até o sur de Kazakhstán e o noroeste da India.Caracal caracal en MSW.

Evita as zonas excesivamente boscosas. Non se coñece moito sobre a súa bioloxía, pero parece que prefire moverse de noite, descansando durante o día escondido entre as rochas.

Ao caracal chámanlle en ocasións, pola súa aparencia, "lince africano" ou "lince do deserto", seguramente debido que o "lince" dos antigos gregos e romanos fora probabelmente o caracal,"Caracal" na Encyclopædia Britannica, 11ª ed., Vol. V., 1911, Cambridge, UK: Cambridge University Press, pp. 297–298. e o nome "lince" ás veces aínda se lle aplica, pero, como veremos, non está estreitamente emparentado cos linces propiamente ditos. Parece estar máis relacionado evolutivamente co serval, un pequeno e patilongo felino africano co que en catividade pódese cruzar, xerando híbridos chamados "caravais" e "servicais".El oscuro negocio de los gatos híbridos: los mezclan con linces salvajes y los venden como mascotas exóticas en Gizmodo .Caraval en Wiki Reino Animalia .

Características

O caracal é un gato claramente grande e robusto, cunha a cola non moi longa (entre os 20 e os 30 cm, notablemente máis curta que as dos demais gatos africanos), coas proporcións dun lince, longas patas (as posteriores máis que as anteriores) e cabeza aplanada, con orellas triangulares, escuras pola parte exterior e rematadas en punta e con senllos pinceis de pelos negros (o propio nome "caracal" provén das palabras turcas kara e kulak, que significa 'orellas negras'). A súa pelaxe, sueva e mesta, uniforme, é de coloración, polas partes superiores, parda amarelada, variando desde avermellada clara até parda avermellada ladrillo, cun ton viñoso, ás veces máis escuro e mesmo enteiramente case mouro, sen raias nin manchas. Na cara ten algunhas marcas brancas que contrastan cunha raia negra que vai desde o ollo até o fociño, e unha mancha negra aos lados do fociño. As partes inferiors son abrancazadas, con tenues indicios de manchas. A lonxitude da cabeza e o tronco varía entre os 65 e os 90 cm; a alzada ou altura na cruz oscila entre os 40 e os 50 cm, e o peso alvanza de 8 a 18 kg. As patas son longas, similares ás do guepardo, con catro dedos nas patas traseiras e cinco nas dianteiras. As garras, afiadas e retráctiles, son máis grandes pero menos curvadas nas patas traseiras.

Os machos xeralmente son máis grandes e pesados que as femias. Os cachorros son semellantes aos adultos, pero a súa coloración é máis apagada e agrisada.

O cranio do caracal é alto e arredondado, con grandes ampolas auditivas, unha crista supraoccipital ben desenvolvida, perpendicular á a crista saxital, e unha mandíbula forte. Ten un total de 30 dentes; a fórmula dentaria é 3.1.3.1/3.1.2.1. A fórmula dos dentes de leite é 3.1.2/3.1.2. Os dentes caninos miden até 2 cm de longo, e son fortes e afiados, que o animal utiliza para dar a trabada mortal ás súas presas. Carece dos segundos premolares superiores, e os molares superiores son diminutos.Skinner, J. D. & Chimimba, C. T. (2006): The Mammals of the Southern African Sub-region. 3rd ed. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-1-1073-9405-6, pp. 397–400.

Diferenzas con especies similares O caracal confúndese moitas veces co lince común, xa que ambos os felinos teñen orellas rematadas en pinceis de pelos. Porén, unha notábel diferenza entre as dúas especies é que o lince presenta abundantes manchas na pelaxe, mentres que o caracal non presenta tales marcas.Sunquist, F. & Sunquist, M. (2002): "Caracal Caracal caracal". En Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-77999-7, pp. 38–43. Caracal aurata ten unha estrutura corporal similar á do caracal, pero é máis escuro e carece de pinceis nas orellas. O serval, simpátrico, pode distinguirse do caracal pola falta de pinceis nas orellas, polas manchas brancas que presenta detrás das orellas, a capa apincarada, as patas e a cola máis longas e as pegadas dos pés máis pequenas.Liebenberg, Louis (1990): A Field Guide to the Animal Tracks of Southern Africa. Cape Town, South Africa: D. Philip. ISBN 978-0-8648-6132-0, pp. 257–8.

Bioloxía e ecoloxía Hábitat e distribución O caracal vive en bosques, pero nunca en selvas densas, aínda que prefire campos abertos: sabanas, chairas, terras baixas pantanosas, semidesertos, desertos de area, bosques de matogueiras, preferindo sobre todo zonas secas con pouca chuvia e dispoñibilidade de cobertura. Tamén habita outeiros e montañas, como as Terras Altas de Etiopía, onde se encontra até altitudes de 3 000 m.

Encóntrase en toda a África subsahariana (agás nas selvas da África central), e tamén na África setentrional, en partes da península Aarábiga, no oeste de Asia (Próximo Oriente, desde Turquía até o sur de Kazakhstán), no sur de Paquistán e no noroeste da India.Avgan, B., Henschel, P. & Ghoddousi, A., asesores (2016): Caracal caracal na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 14 de outubro de 2018.

Alimentación miniatura|esquerda|Caracal cazando no Parque Nacional de Serengueti. Ao igual que os linces e o serval, o caracal posúe unha aguda vista e un excelente oído, moi afinado debido ás súas longas orellas, que o fan un eficiente cazador nocturno.

Caza e aliméntase de pequenos mamíferos, como lebres, roedores, damáns, lagartos e incluso crías de antílopes (como as dos duiqueros) e doutros antílopes de pequeno tamaño, como os neotraguinos), pero as súas presas preferidas son, con diferenza, as aves. Pode capturalas incluso despois de que emprendan o voo, grazas á súa capacidade para realizar grandes saltos (de até 3 m de altura). Noutras ocasións ataca ás aves mentres aniñan, aínda que o fagan na copa das árbores, pois o caracal gabea por elas bastante ben.

Os que viven cerca de asentamentos humanos, por estas hablidades cinecéticas, poden seren prexudiciais para o gando miúdo (ovellas, cabras e porcos), e para as aves de curral.

Un estudo no oeste da India mostrou que os roedores constitúen unha parte importante da súa dieta.

Costumes Pouco se sabe dos costumes do caracal, unicamente que son animais solitarios, excepto na época reprodutora, por iso adoita verse só ou en parellas, e os únicos grupos que se ven son de nais coas súas crías.Estes, R. D. (2004): The Behavior Guide to African Mammals: Including Hoofed Mammals, Carnivores, Primates. 4th ed. Berkeley, California, US: University of California Press. ISBN 978-0-5200-8085-0, pp. 363–365. É de hábitos crepusculares e nocturnos (aínda que tamén poden vese de día). Porén, é tan reservado e difícil de observar que a súa actividade durante o día pode pasar desapercibida. Un estudo en Suráfrica mostrou que os caracais son máis activos cando a temperatura do aire é menor dos 20 °C, e a actividade normalmente cesa a temperaturas máis altas.

Para cazar, desprázanse continuamente. Dormen en lugares escondidos, ocos das árbores, gretas das rochas, ou debaixo de arbustos mestos, ás veces en árbores. As femias que teñen crías, agóchanas en gretas das rochas ou en árbores ocas mentres andan á caza.

Reprodución Tras unha xestación de entre 69 e 60 ou 81 días, as femias paren dunha a seis crías, aínda que habitualmente son tres. Os nacementos prodúcense en primavera nas zonas subtropicais, e nas zonas tropicais durante todo o ano. As nais ocultan ás crías en tobos forrados de pel e plumas. Cando nacen, as crias pesan ao redor de 300 g; aos 12 días, os machos pesan sobre 560 g, e as femias uns 500; aos 2 meses, os machos xa pesan uns 1 300 g, e as femias contra 1 200. Abren os ollos aos 6 ou 9 días, saen dos agochos ás 3 semanas, e ás 4 xa comezan a comer alimentos sólidos, e aleítanse durante 6 meses; entre os 7 e os 12 meses xa son independentes. Alcanzan a madurez sexual ao redor dos 2 anos. A súa lonxevidade é de até os 17 anos.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1776 polo médico, botánico e zoólogo alemán, discípulo de Linneo, Johann Christian Daniel von Schreber, en Die Säugethiere, 3 (16): pl. 110. (Imaxe). (A descrición, en Die Säugethiere, 3 (24): 413-587. ), baixo o nome de Felis caracal.

Etimoloxía Véxase Caracal.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, polo nome que lle deu Schereber Felis caracal en 1776 (epóniomo), por Profelis caracal (Schreber, 1776),Wüstenluchs oder Karakal Profelis caracal (Schreber, 1776) en Jagen Weltweit. e polo nome Lynx caracal (Schreber, 1776), cando foi reclasificado no xénero Lynx;Caracal caracal (Schreber, 1776) no ITIS. e a partir de 1843, desde que o zoólogo británico John Edward Gray situou a especie no xénero Caracal, xa, dentro deste xénero, coñeceuse tamén polos sinónimos:Wozencraft, W. C. (2005): "Order Carnivora". In Wilson, D. E. & Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, p. 533.

Caracal aharonii (Matschie, 1912) Cacacal bengalensis (J. B. Fischer, 1829) Caracal berberorum Matschie, 1892 Caracal coloniae Thomas, 1926 Caracal corylinus (Matschie, 1912) Caracal medjerdae (Matschie, 1912) Caracal melanotis Gray, 1843 Caracal melanotix Gray, 1843 Caracal michaelis Heptner, 1945 Caracal roothi (Roberts, 1926) Caracal spatzi (Matschie, 1912)

Unha taxonomía discutida Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.Caracal Gray, 1843 no ITIS.

Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse ao Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.

E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal. Consultado o 14 de outubro de 2018.

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata. Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies: Caracal aurata Caracal caracal - o caracal

Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:Caracal Gray 1843 en Fossilworks. Caracal serval - o serval (Non recoñecido pola maioría dos autores, que consideran a Leptailurus serval como unha especie independente).

Subespecies A extensa área de distribución desta especie e a súa presenza en diversos hábitats orixinou direrenzas locais, polo que algúns autores recoñecen até nove subespecies:Hassan-Beigi, Yasaman (2015): "Conservation Biology of the Caracal (Caracal caracal) in Iran": action plan and conservation genetics" Mestrado em Biologia da Conservação. Universidade de Lisboa. Faultade de Ciências. Departamento de Biologia Animal.

Caracal caracal algira (Wagner, 1841) - África do Norte Caracal caracal caracal (Schreber, 1776) - África oriental e meridional