miniatura|240px|Lámina de 1873 do Caracal aurata. miniatura|240px|Caracal caracal comendo na súa gaiola do Jardin des Plantes de París. miniatura|240px|Serval. Caracal é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.Caracacal en MSW.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1843 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en List. Spec. Mamm. Coll. Brit. Mus.: 46.

Etimoloxía O nome caracal entrou nas linguas modernas en 1760 a través do francés como un préstamo do turco karakulak, formado pola unión das palabras kara, 'negro' e kulak, 'orella'.caracal no Merriam-Webster Dictionary on line. E de aí o tomou Gray para o latín científico.

Sinónimos Ademais de polo nome hoxe en día válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:Caracacal. Synonyms en MSW. Caracala Gray, 1843 Urolynchus Severtzov, 1858

Especies Unha taxonomía en discusión Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.Caracal Gray, 1843 no ITIS.

Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.

E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal. Consultado o 14 de outubro de 2018.

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata. Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies: Caracal aurata Caracal caracal - o caracal

Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:Caracal Gray 1843 en Fossilworks. Caracal serval - o serval (Non recoñecido pola maioría dos autores, que consideran a Leptailurus serval como unha especie independente).

Características Son felinos de tamaño mediano que viven en sabanas e zonas semidesérticas de África e, no caso do caracal, tamén no oeste de Asia.

Bioloxía Cazan e aliméntanse de pequenos mamíferos, como lebres, roedores, damáns e incluso crías de antílopes, pero as súas presas preferidas son as aves.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kingdon, Jonathan (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Félidos Felinos

Ligazóns externas Caracal aurata na Lista vermella da UICN. Caracal caracal na Lista vermella da UICN. Leptailurus serval (Schreber, 1776), sinonimo Caracal serval (Schreber, 1776) na Lista vermella da UICN. Caracal. cracals na EOL. Caracal no NCBI. Caracal Gray, 1843 en Fossilworks.

Categoría:Félidos