Malcolm Moses Brogdon, nado o 11 de decembro de 1992 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Profesional O 23 de xuño de 2016, Brogdon foi elixido na 36ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Milwaukee Bucks. O 30 de xullo de 2016, asinou un contrato cos Bucks. Fixo o seu debut na NBA o 26 de outubro de 2016, facendo oito puntos e cinco asistencias en 21 minutos, na derrota dos Bucks por 107-96 contra os Charlotte Hornets. Ó remate da súa primeira tempada na liga, gañou o galardón ó Rookie do Ano, e foi elixido de maneira unánime no mellor equipo de rookies da tempada.
O 29 de xuño de 2019, os Bucks decidiron facer axente libre restrinxido a Brogdon. O 6 de xuño de 2019, Brogdon asinou cos Indiana Pacers a cambio dun futuro intercambio de roldas do Draft.
O 9 de xullo de 2022, Brogdon foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Aaron Nesmith, Daniel Theis, Nik Stauskas, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Atlanta, Xeorxia Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Rookie do Ano da NBA