A bamba (en ) é un filme estadounidense de 1987 escrito e dirixido por Luis Valdez que conta a vida e a carreira da estrela rock Ritchie Valens. Está protagonizado por Lou Diamond Phillips como Valens, Esai Morales, Rosanna DeSoto, Elizabeth Peña, Danielle von Zerneck e Joe Pantoliano. O filme amosa os efectos que a carreira de Valens tivo na vida do seu medio irmán Bob Morales, a súa moza Donna Ludwig e o resto da súa familia.
En 2017, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 7 de novembro de 1992 a través da TVG.La Voz de Galicia, 7 de novembro de 1992. Páx. 79
Personaxes Lou Diamond Phillips como Ritchie Valens Esai Morales como Roberto "Bob" Morales Rosanna DeSoto como Connie Valenzuela Danielle von Zerneck como Donna Ludwig Elizabeth Peña como Rosie Morales Joe Pantoliano como Bob Keane Rick Dees como Ted Quillin Marshall Crenshaw como Buddy Holly Howard Huntsberry como Jackie Wilson Brian Setzer como Eddie Cochran Stephen Lee como The Big Bopper Sam Anderson como Mr. Ludwig
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes ambientados en 1958 Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego