miniatura|240px|Cabezas de gacelas de varios xénerosAntidorcas ♂ (arriba á esquerda),Gazella ♂♂ (números 2 a 8),Eudorcas ♂♂ (parte inferior esquerda e dereita).
A dos antilopininos (Antilopini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.
Comprende varias especies de gacelas de mediano tamaño, que viven no Sáhara e ao redor deste deserto, no Corno de África e en Eurasia.Kingdon, J. 2015. [https://books.google.com/books?id=sjPCCAAAQBAJ&printsec=frontcover#v=onepage&q=Antilopini&f=false The Kingdon Field Guide to African Mammals], 2ª ed. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-2135-2.
Características Viven en pequenas mandas que teñen un macho territorial como líder e, ás veces, únense con outras especies de gacelas. A súa pelaxe é brillante, de cor parda ou canela. A maioría das especies teñen listas negras e marcas faciais. As femias teñen os cornos moi curtos en comparación cos machos. Alcanzan velocidades máximas deaté 60 km/h, e teñen a capacidade de saltar e xirar bruscamente. Están ben adaptados á vida en contornos abertos.
Taxonomía Descrición A tribo foi creada en 2003 polos científicos franceses Alexandre Hassanin, e Emmanuel J. P. Douzery, especialistas en filoxenia e anatomía comparada, no seu traballo "Molecular and morphological phylogenies of Ruminantia and the alternative position of the Moschidae". Systematic Biology 52 (2): 206-228.Tribe Antilopini en Fossilworks.
Xéneros e especies Xénero Ammodorcas Ammodorcas clarkei Xénero Antidorcas Antidorcas marsupialis Xénero Antilope Antilope cervicapra Xénero Eudorcas Eudorcas rufifrons Eudorcas rufina Eudorcas thomsonii Xénero Gazella Gazella arabica Gazella bennettii Gazella cuvieri Gazella dorcas Gazella erlangeri Gazella gazella Gazella leptoceros Gazella saudiya Gazella spekei Gazella subgutturosa Xénero Litocranius Litocranius walleri Xénero Nanger Nanger dama Nanger granti Nanger soemmerringii Xénero Procapra Procapra gutturosa Procapra picticaudata Procapra przewalskii
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos
Ligazóns externas Antilopini na EOL.
Categoría:Antílopes