Li Ning, nado en Laibin (Guangxi) o 10 de marzo de 1963 é un exximnasta e empresario chinés. Fundou a compañía de material deportvio Li-Ning.

Traxectoria Carreira deportiva Li comezou a adestrar aos oito anos e foi seleccionado para o equipo nacional en 1980. En 1982, gañou seis das sete medallas concedidas na sexta Copa do Mundo de Ximnasia, valéndolle o título de "Príncipe da Ximnasia" (体操王子/體操王子).

Li é célebre por gañar seis medallas nos Xogos Olímpicos de 1984, primeiros xogos nos que participou a China. Gañou tres ouros en chan, cabalo con aros e aneis, dúas pratas e un bronce. Ademais gañou once medallas no campionato mundial de ximnasia artística, incluíndo medallas de ouro en aneis (1985) e na xeral por equipos (1983).

A pesar das lesións, participou nos Xogos Olímpicos de 1988, que foron o final da súa carreira deportiva.

Vida posterior Li retirouse da competición en 1988, e en 1990 fundou Li-Ning Company Limited, que vende calzado e material deportivo na China.Li Ning . sports-reference.com Li é o xefe dos directores da compañía. Segundo a lista de ricos da China de Hurun Report de 2014, a súa fortuna estimada é de cinco mil millóns de RMB, facendo del a 407.ª persoa máis rica da China.

Li foi incluído no Salón Internacional da Fama da Ximnasia en 2000, primeiro chinés incluído.

Nos Xogos Olímpicos de 2008, Li Ning encendeu a lapa na cerimonia de inauguración tras ser levantado no aire con cables e arremedar unha carreira polo bordo do estadio.

Li está casado con Chen Yongyan, ximnasta gañadora da medalla olímpica de bronce en 1984.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas List of competitive results at Gymn Forum Li Ning: China's legendary gymnast has combined sporting agility with commercial muscle, 60 Years of Asian Heroes, por Hannah Beech, Time, 2006

Categoría:Nados en Guangxi Categoría:Nados en 1963 Categoría:Ximnastas olímpicos da China Categoría:Medallistas olímpicos en ximnasia Categoría:Empresarios da China Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola China Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola China Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola China