Un bo home (en ) é un filme de 2009 dirixido por Juan Martínez Moreno. Estreouse na 12ª edición do Festival de Málaga, en abril de 2009.
Rodada en Alacant e na Coruña, orixinalmente en lingua castelá, estreouse en galego con 5 copias en cinemas comerciais. Tamén se emitiu en galego o 27 de maio de 2016 a través da TVG. Conta cun DVD editado con pista de son en galego.
Sinopse Vicente e Fernando son dous amigos e docentes na Facultade de Dereito. Unha tarde, de xeito casual, Vicente é testemuña de como Fernando mata a súa muller. Non o delata á policía, mais tampouco entende nin perdoa o seu amigo, por mor da súa relixiosidade e sentido moral. Porén, os acontecementos deixarán en evidencia a dobre moral dos personaxes.
Personaxes Tristán Ulloa como Vicente Emilio Gutiérrez Caba como Fernando Nathalie Poza como Paula Miguel de Lira como Tenente Alberto Jiménez como Daniel Noelia Noto como Marisa Jorge Ricoy como Decano
Galardóns e nomeamentos Premio do Público no Festival de Cine Español de Annecy.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AVG
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego Categoría:Filmes rodados na Coruña