miniatura|As Cantigas de Santa María é o primeiro libro do catálogo da exposición O libro galego onte e hoxe foi unha exposición bibliográfica celebrada no antigo Convento de San Domingos (Museo do Pobo Galego) en Santiago de Compostela en maio-xuño de 1979. miniatura|Actos da Exposición|alt= Inaugurouse o 16 de maio (véspera do Día das Letras Galegas), estaba prevista a clausura o 3 de xuño mais debido ao éxito de público (11.835 visitas) prolongouse ata o 17 do mesmo mes. Foi acompañada con conferencias, concertos e representacións teatrais.

Foi organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e pretendía reunir e mostrar toda a produción editorial en idioma galego, de todos os tempos e sobre todos os temas. En 1981 a USC publicou o catálogo da exposición.

Organización Baixo a dirección de Ricardo Carballo Calero as bibliotecarias Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez coordinaron a procura dos exemplares.

Comité técnico da exposición: Luís Arribas González, Ricardo Carballo Calero, Carlos García Martínez, Ramón Martínez López, Ramón Piñeiro e José Luís Rodríguez Fernández. Comité de coordinación e información: Tucho Calvo, Jesús Couceiro Rivas, María Luz Lago Artime, Amador Rodríguez Arce Colaboración na procura de libros: Anxo González Guerra, Anxo Rei Ballesteros

Prestaron os libros para a exposición

Entidades: Real Academia Galega, Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela|Universidade de Santiago, Biblioteca Pública Provincial de Lugo, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Facultade de Filoloxía da USC, Facultade de Xeografía e Hª da USC, Fundación Penzol, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Museo de Pontevedra, Biblioteca de San Francisco-Santiago, Seminario Maior-Santiago, Xunta de Galicia. Librarías: Abraxas-Santiago, Arenas-A Coruña, Carballal-Santiago, Couceiro-Santiago, Edilán-Madrid, Follas Novas-Santiago. Particulares: Carlos Abeledo Maristany, Fernando Arenas, Luís Arribas González, Tucho Calvo, Ricardo Carballo Calero, Xoán Manuel Carreira, José Ramón Chantada Acosta, Juan Ramón Díaz, Manuel Fabeiro, Bieito Fernández Ledo, Julio Fernández Pintos, Ricardo Fernández Savín, Dolores Ferreirós Santos, Antón Fraguas, Carlos García Martínez, Benedicto García Villar, Anxo González Guerra, María dos Anxos González Refoxo, Bernardino Graña, Herdeiros de Carmen Prieto, María Luz Lago Artime, Víctor López Villaravid, Fernando Lorenzo Merino, Ramón Martínez López, José Miguélez Pardo, Antonio Odriozola, María Luísa Pérez Iglesias, Xosé María Pérez Parallé, Ramón Piñeiro, Arturo Reguera, Isaac Rielo Carballo, Nicanor Rielo Carballo, María José Rivas, José Luís Rodríguez Fernández, José Manuel Rodríguez Pampín, Juan José Ruibal Feáns, José Carlos Sierra, Enrique Vidal Abascal, Francisco Vales Villamarín.

Entidades que contribuíron economicamente Banco de Bilbao, Banco de Crédito e Inversiones, Banco de Vizcaya, Banco Etcheverría, Banco Exterior de España, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia. Especialmente o Banco Pastor e a Fundación Barrié.

Apartados da exposición

Séculos XIII-XIV: libros 1 a 60 Século XVII: libros 61 a 62 Século XVIII: libros 63 a 65 Século XIX: libros 66 a 280 Século XX: libros 281 a 1904 Publicacións periódicas

Reedicións

1988: a Federación de Libreiros e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, con prólogo de Antón Santamarina. 1993: A Federación de Libreiros de Galicia.

Notas

Categoría:Exposicións en Galicia Categoría:Cultura en Santiago de Compostela Categoría:Ricardo Carballo Calero Categoría:1979 en Galicia Categoría:Historia contemporánea de Galicia