Xoán Ramón Fernández Pacios, nado en Foz en 1965, é un historiador galego.
Traxectoria En 1990 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Historia Contemporánea. É habitual articulista e conferenciante sobre temática histórica, en especial sobre materias relacionadas coa Mariña lucense, participou como Secretario nas Xornadas de Estudos Medievais da Mariña Central desde a súa primeira edición no ano 2004 e como Comisario da exposición Foz e a súa historia. Na actualidade é presidente da asociación cultural A Pomba do Arco de Foz e o encargado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo.
En 2021 foi nomeado cronista oficial de Foz.
Obra Ensaio Recompilación da memoria histórico-local do concello de Foz (Deputación de Lugo, 1993). ISBN 978-84-86824-22-2 O Camiño de Santiago na Mariña Lucense (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004). ISBN 978-84-688-6455-2 O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo: I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central (Deputación de Lugo, 2006; coordinador). ISBN 978-84-8192-344-3 San Gonzalo. Bispo Mindoniense (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2008). ISBN 978-84-8341-229-9 Hospitalidade e peregrinación. O camiño do norte na Mariña luguesa (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2009). ISBN 978-84-612-9349-0 Camiño do mar (Deputación de Lugo, 2011). ISBN 978-84-8192-668-X
Artigos "Usos e costumes da freguesía de San Martín de Xuvia (1759-1794)". Estudios Mindonienses nº 21, 2005. "Poboación e Igrexa no Bispado de Mondoñedo en 1782" Estudios Mindonienses nº 23, 2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O gabinete de Foz, blog persoal. Conferencia na agrupación cultural O facho da Coruña (2011): Afonso VII, Imperador Galego Artigos na edición dixital do xornal Terra e Tempo: Perfil do colaborador
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Foz Categoría:Cronistas de Foz Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes