Amado Granell Mesado, nado en Borriana o 5 de novembro de 1898 e finado en Sueca o 12 de maio de 1972, foi un militar español do século XX. Participou na guerra civil española formando parte do Exército Republicano Español e pasou posteriormente ó norte de África, enrolándose na Lexión Estranxeira Francesa que combateu á Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Encabezou a columna de vehículos da 9.ª Compañía da 2.ª División Blindada, coñecida como "La Nueve", que, integrada por republicanos españois, foi a primeira unidade militar aliada que entrou en París trala a súa ocupación pola Wehrmacht.El Periodic «El periodista Rafael Torres presenta el libro en el que narra la vida de nuestro paisano Amado Granell » Consultado o 31 de maio de 2013. Por isto apareceu na portada do diario Libération ó seguinte día da Liberación de París, reunido co líder da resistencia francesa Georges Bidault e o prefecto do Sena, malia que no titular indicábase que fora o capitán Raymond Dronne «o primeiro francés que chegou ó Concello» de París.El Periodic «Trilles: “Amado Granell fue un hombre libre y utópico que luchó por sus ideales hasta las últimas consecuencias”» Consultado o 31 de maio de 2013."El héroe valenciano que liberó París", El País, 10 de agosto de 2014.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Torres, Rafael. El hombre que liberó París. Amado Granell y la última Batalla de la República. Ediciones Temas de Hoy, S.A., 2007. ISBN 8484606139 Trilles, Basilio. El español de la foto de París. Inédita Editores, 2009. ISBN 8492400463. García, Cyril. "El valencià que va alliberar París". Austrohongaresa de Vapors, sl. 2016. ISBN 8494519116.

Categoría:Nados en Borriana Categoría:Nados en 1898 Categoría:Militares de España Categoría:Finados en 1972 Categoría:Militares españois do Exército Francés na segunda guerra mundial