Hastings Kamuzu Banda, nado preto de Kasungu en marzo ou abril de 1898 e finado en Xohanesburgo o 25 de novembro de 1997, foi un médico e político que chegou a ser o primeiro presidente de Malawi. Gobernou dende o 6 de xullo de 1966 ata maio de 1994. Tamén foi primeiro ministro do país entre 1964 e 1966. Traxectoria Banda realizou gran parte dos seus estudos no estranxeiro e volveu ao seu país en 1958, denunciando o colonialismo.BBC News | Africa | Country Profiles: Malawi Despois de conflitos de partidarios da independencia e as autoridades coloniais, Banda foi encarcerado en 1959. Ese mesmo ano fundou o Partido do Congreso de Malawi (Malawi Congress Party, MCP).

Coa independencia do país o 6 de xullo de 1964, Banda converteuse no primeiro ministro durante os dous primeiros anos. En 1966 converteuse en presidente e a partir de 1971, foi presidente vitalicio. Banda suprimiu toda a oposición e encarcerou os seus líderes.

Na política interior, favoreceu unha forma de tribalismo. Como líder do bloque prooccidental en África recibiu apoio de Occidente durante a guerra fría.Kalinga, Owen J. M. (2012). Historical Dictionary of Malawi, Fourth Edition, p. 12 En xeral, apoiou os dereitos das mulleres, mellorou as infraestruturas do país e mantivo un bo sistema educativo en relación con outros país africanos. Non obstante, presidiu un dos réximes máis brutais de África. O seu goberno totalitario torturou e asasinou opositores políticos. Os grupos de apoio aos dereitos humanos estiman que polo menos 6000 persoas foron asasinadas, torturadas e encarceradas sen xuízo.Malawi Tries Ex-Dictator in Murder : Africa: Aging autocrat is one of few among continent's tyrants to face justice for regime's abuses, 21 de maio de 1995 L.A. Times. Segundo estimacións puideron ser 18 000 persoas as asasinadas.17 de maio de 1994 Denver Rocky Mountain News3 de decembro de 1997 Dallas Morning News Foi desprezado por manter relacións diplomáticas totais coa Suráfrica da era do apartheid.

En 1993 enfrontouse á presión internacional e as amplas protestas. Un referendo acabou co sistema unipartidista e unha asemblea especial puxo fin á súa presidencia vitalicia, retirándolle a maioría dos seus poderes. Presentouse como candidato ás eleccións presidenciais de 1994, nas que foi derrotado. Banda faleceu nun hospital de Suráfrica en 1997. Estímase que a fortuna persoal que acumulou durante os anos que gobernou superaba os 320 millóns de dólares estadounidenses.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hulec, Otakar e Jaroslav Olša, jr (2008). Dějiny Zimbabwe, Zambie a Malawi (in Czech, translation of title: History of Zimbabwe, Zambia and Malawi), Nakladatelství Lidové noviny. Lwanda, John Lloyd, (1993). Kamuzu Banda of Malawi: A Study in Promise, Power, and Paralysis, Dudu Nsomba Publications. Meredith, Martin (2005). The Fate of Africa: From the Hopes of Freedom to the Heart of Despair, Public Affairs. Muluzi, Bakili (with Yusuf M. Juwayeyi, Mercy Makhambera, Desmond D. Phiri), (1999). Democracy with a Price: The History of Malawi since 1900. Jhango Heinemann, Blantyre. Mwakikagile, Godfrey, (2006). Africa After Independence: Realities of Nationhood. Johannesburg, South Africa: Continental Press. Ross, Andrew C. (2009). Colonialism to cabinet crisis: a political history of Malawi, African Books Collective, 2009 . This gives extensive biographical detail on Hastings Banda. Rotberg, Robert I, (1965). The Rise of Nationalism in Central Africa. Cambridge: Harvard University Press.

Short, Philip (1974). Banda. Londres: Routledge & Kegan Paul. van Donge, Jan Kees (1995). Kamuzu's legacy: the democratisation of Malawi. African Affairs, Vol 94, No 375. Williams, T. David (1978). Malawi, the Politics of Despair. Cornell University Press.

Ligazóns externas Information on Banda's fortune Official Biography of Kamuzu Banda Kamuzu Banda: The Control Freak

Categoría:Presidentes de Malawi Categoría:Nados en Malawi Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1997