Bonnie e Clyde (en ) é un filme estadounidense de 1967 dirixido por Arthur Penn. Está protagonizado por Warren Beatty e Faye Dunaway que intepretan os papeis de Clyde Barrow e Bonnie Parker. O filme tamén conta coas interpretacións de Michael J. Pollard, Gene Hackman e Estelle Parsons, xunto con Denver Pyle, Dub Taylor, Gene Wilder (no seu primeiro papel), Evans Evans e Mabel Cavitt. O guión foi escrito por David Newman e Robert Benton. A banda sonora orixinal foi composta por Charles Strouse.
Sinopse Clyde Barrow (Warren Beatty), un atracador de bancos e negocios pequenos, saíu da prisión. En plena Gran Depresión dos anos 30 volve asaltar bancos. Coñece a Bonnie Parker (Faye Dunaway), unha rapaza de aldea que se sente aburrida e decide acompañalo.
Mentres se desenvolven os sentimentos, protagonizan xuntos unha serie de atracos e crimes cada vez máis brutais, deixando nas súas fuxidas unha estela de violencia e sangue.
Personaxes Warren Beatty como Clyde Barrow Faye Dunaway como Bonnie Parker Michael J. Pollard como C.W. Moss Gene Hackman como Buck Barrow Estelle Parsons como Blanche Barrow Denver Pyle como Frank Hamer Dub Taylor como Ivan Moss Gene Wilder como Eugene Grizzard Evans Evans como Velma Davis Mabel Cavitt nai de Bonnie (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1967 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Arthur Penn Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes ambientados en 1934 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1967 con versión en galego