miniatura|Il Spasimo, Xesucristo levando a cruz, por Raphael, 1516 A Vía Dolorosa (en ; ) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma.Jerome Murphy-O'Connor, The Holy Land, (2008), page 37 Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.

Itinerario Tradicional miniatura|dereita|200px|Vía Dolorosa, Xerusalén. miniatura|dereita|200px|Sinal indicando o nome da rúa en árabe, hebreo e inglés. O itinerario tradicional comeza xusto dentro da Porta dos Leóns (Porta de Santo Estevo), preto da localización da antiga Fortaleza Antonina, dirixíndose cara ao oeste a través da cidade vella ata a Igrexa do Santo Sepulcro. Este itinerario baséase na procesión organizada polos franciscanos no século XIV.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Viacrucis Crucifixión de Xesús

Categoría:Cidade vella de Xerusalén