Maruxa Olavide Verdía, nada na Coruña, é unha escritora e pintora galega.

Traxectoria Estudou en Madrid, e comezou a debuxar no estudio do pintor arxentino Rafael Usandivaras. Realizou exposicións na Sala do Palacio Municipal da Coruña (1972), Círculo das Artes de Lugo (1974), Sala da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña (1979) e no Casino de Viveiro (1983 e 1998)Maruxa Olavide, en galegos.info.

Colabora en El Ideal Gallego coa sección "Las Cosas de Maruxa", en El Correo Gallego con "Personas y Cosas", e en Heraldo de Vivero.

É nai do avogado Ignacio Bermúdez de Castro Olavide.

Obras

En galego Os contos de Xoaquín (relatos; Ed. do Castro, 1995) As cinco amigas (Everest, 2000; ilustracións de Mª Fe Quesada)

En castelán Memorias de una bizca (1992) Y colorín (contos infantís) Personas y cosas de La Coruña y su entorno

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes