Antonio Mojón Vázquez, coñecido como Chico, nado na Caniza o 10 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego. Traxectoria Mestre, foi destinado a Gorgua (Padrenda) en abril de 1936. Militante do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Caniza. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Tirso Gómez Freijido e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cañiza Republicana

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Caniza Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1936