O Eurocopter AS532 Cougar (no presente Airbus Helicopters H215M) é un helicóptero militar multipropósito medio de dous motores desenvolvido por Francia. O AS532 é un desenvolvemento e mellora do Aérospatiale SA 330 Puma na súa forma militarizada. O seu equivalente civil é o Eurocopter AS332 Super Puma. O AS532 foi desenvolvido posteriormente como o Eurocopter EC725.

Deseño e desenvolvemento O AS332 Super Puma, deseñado como unha versión máis grande para substituír o SA 330 Puma, voou por vez primeira en setembro de 1977. Foi equipado con dous motores turboeixo de 1 330 kW Turbomeca Makila 1A1, palas do rotor de materiais compostos, e un tren de aterraxe e unha cola modificados.

En 1990 a designación de todos os Super Puma militares cambiou de AS 332 a AS 532 Cougar para facer unha distinción entre as variantes civís e militares do helicóptero.

Canadá considerou mercar o Cougar para substituír os seus CH-113 Labrador, pero finalmente optou por mercar o CH-149 Cormorant. En 2012 Francia iniciou un proxecto de 288,8 millóns de euros para actualizar 23 Cougar do Exército e 3 da Forza Aérea para abordar os problemas de obsolescencia e equipar con aviónicas semellantes aos seus helicópteros EC225 e EC725.

Variantes AS532 UL/AL O AS 532 UL/AL é a versión longa da familia Cougar e está impulsada por dous motores turboeixo Turbomeca Makila 1A1. Leva 2 tripulantes e ata 29 soldados ou 6 feridos en padiolas xunto con 10 pasaxeiros máis. Ao igual que as outras versións do Cougar, o AS 532 UL/AL pode levantar 4,5 toneladas mediante unha eslinga. O sistema de vixilancia do campo de batalla Horizon pode instalarse no AS 532 UL (utility version). O AS 532 AL (armed version) tamén pode equiparse con varias armas, como canóns de 20 mm, foguetes de 68 mm ou metralladoras.Endres and Gething 2005, p. 487 AS532 SC O AS 532SC é a versión naval da familia Cougar e está impulsado por dous motores Turbomeca Makila 1A1. Esta versión é usada principalmente para unidades de guerra anti-superficie equipada con mísiles AM 39 Exocet, guerra anti-submarina con sónar de profundidade e torpedos, busca e rescate, e patrulla marítima. AS535 Versión de busca e rescate de combate do exército francés.

Operadores dereita|miniatura|AS532 Cougar ecuatoriano|260x260px

Forza Aérea de Albania

Exército do Brasil Armada do Brasil

Forza Aérea de Bulgaria

Exército de Chile Armada de Chile

Forza Aérea de Francia Exército de Francia

dereita|miniatura|Eurocopter Cougar da Forza Aérea de Eslovenia|260x260px

Forza Aérea de Alemaña

Forza de Defensa de Malaui

Real Forza Aérea dos Países Baixos

Real Forza Aérea Saudita Real Forza Naval Saudita

Forza Aérea de Eslovenia

miniatura|Eurocopter AS532UL Cougar Mk1 da Forza Aérea de Suíza|260x260px

Exército do Aire de España Exército de Terra de España

Forza Aérea de Suíza

Forza Aérea de Turquía Exército de Turquía

Forza Aérea de Venezuela

Notas

Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Airbus Helicopters Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1977