Lonzo Anderson Ball, nado o 27 de outubro de 1997 en Anaheim, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Ball foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Los Angeles Lakers. O 3 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers. Foi elixido mellor xogador da Liga de Verán da NBA de 2017 en Las Vegas, tras facer 16.3 puntos, 9.3 asistencias, 7.7 rebotes, 2.5 roubos e 1.0 tapóns por partido.
O 6 de xullo de 2019, Ball foi traspasado xunto a Brandon Ingram, Josh Hart, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.
O 8 de agosto de 2021, Ball foi traspasado ós Chicago Bulls.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Anaheim Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans