miniatura|Pantalla do portal de Wikipedia amosando as diferentes linguas clasificadas por número de artigos.|367x367px Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.
Táboa Esta é unha táboa con todas as Wikipedias, presentables en orde decrecente de páxinas de contido ou outros ordenamentos.As páxinas de contido son as páxinas pertencentes ós espazos de nomes que cada comunidade considera que constitúen a propia enciclopedia —a máis do principal ou de artigos, nalgunhas edicións engádense outros complementarios, como os anexos da Wikipedia en español—, e que a máis non son redireccións e conteñen ao menos unha ligazón interna. Os datos actualízanse de xeito automático a diario.