O Consello Internacional de Numismática –CIN– (en inglés: International Numismatic Council –INC–) é un organismo internacional de coordinación creado para fomentar a cooperación entre numismáticos e institucións deste campo ou de áreas relacionadas."Our mission". No sitio web do CIN. Desde 2015 está oficialmente rexistrado como unha asociación e ten a súa sede central en Winterthur, Suíza."Münzkabinett wird Sitz einer internationalen Organisation". Stadt Wintherthur.
Historia A institución fundouse en 1934 coa denominación de Comisión Internacional de Numismática (Internacional Numismatic Comission), e pasou a adoptar o nome de Consello na súa reconstitución en 2009.Weiller, R.; Amandry, M. (1996)."Constitution of the International Numismatic Council (INC) adopted on August 30, 2009 in Glasgow ". No sitio web do CIN.
Funcionamento Conta con aproximadamente 160 membros procedentes de 38 países. As actividades do Consello, entre as que cómpre salientar o outorgamento de subvencións, o patrocinio de proxectos investigadores (como é o caso do Sylloge Nummorum Graecorum) e de publicacións, e a organización do Congreso Internacional de Numismática, está coordinado por un comité de nove membros, que son elixidos por representantes das institucións que forman parte no seo dos seus congresos internacionais."What we do ". No sitio web do CIN."Patronage: Sylloge Nummorum Graecorum ". No sitio web do CIN.
Os membros actuais do Comité do Consello Internacional de Numismática son:"Committee of the INC. No sitio web do CIN.
Ute Wartenberg (presidenta). Bernhard Weisser. Aleksander Bursche. François de Callatay. Andrew Meadows. Haim Gitler. Fleur Kemmers. Frédérique Duyrat. Cecilia von Heijne.
O INC tamén mantén, a modo de xornal de novidades, o blog INC News, aberto á participación dos membros das entidades que forman parte, en cinco idiomas: inglés, francés, español, alemán e italiano."INC News ". No sitio web do CIN.
Congreso Internacional de Numismática Ten lugar cada seis anos e é o maior encontro international relacionado coa numismática. A partir da súa sétima edición, en Copenhague, o congreso coincide co lanzamento dunha nova tiraxe do Survey of Numismatic Literature, publicación na que os especialistas numismáticos revisan as investigacións e as publicacións que saíron á luz desde o congreso anterior."International Numismatic Congress". No sitio web do CIN."Survey of Numismatic Research ". No sitio web do CIN.
Así mesmo, en cada edición do congreso faise entrega dunha medalla especial creada para o efecto."The Paris coin for the International Numismatics Congress ". Museu Nacional d'Art de Catalunya."25 secoli di numismatica siciliana per la medaglia del XV CIN". En Il giornale della Numismatica. 7 de abril de 2015."P&B coins the AIAM medal ". Picchiani & Barlacchi.
A edición número 15 do Congreso Internacional de Numismática tivo lugar en Messina, Sicilia, do 21 ao 25 de setembro de 2015; os seguintes convocáronse en Varsovia, Polonia, en setembro de 2021, e en Melbourne, Australia, en setembro de 2027."Messina/Taormina 2015 ". No sitio web do CIN."Warsaw hosting the INC Congress in 2021 ". No sitio web do CIN.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de asociacións numismáticas Congreso Internacional de Numismática
Bibliografía
Weiller, R.; Amandry, M. (1996). "Histoire de la Commission Internationale de Numismatique (NIC) ". En Compte Rendu 43. Comission Internationale de Numismatique.
Ligazóns externas
Sitio web do Consello Internacional de Numismática
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro