O Bell 47J Ranger é un helicóptero lixeiro estadounidense fabricado por Bell Helicopter. Foi unha variante executiva do seu exitoso Bell 47 e foi o primeiro helicóptero en transportar ao Presidente dos Estados Unidos.
Deseño e desenvolvemento O 47J foi unha variante de catro asentos do anterior Bell 47H de tres asentos. O 47H era unha variante de luxo do 47G cunha fuselaxe completamente revestida e unha cabina pechada. O 47H demostrou ser demasiado pequeno, polo que Bell desenvolveu o 47J. O 47J era un aparello cun único piloto, cos controis centrados na parte frontal da cabina, e situado preto do parabrisas Lexan en burbulla cunha visión de 180° sen obstrucións. Un único banco na parte traseira estendíase ao ancho todo o que podía e permitía que se sentasen de 3 a 4 adultos.
Historial operacional En marzo de 1957 dous Bell 47J foron mercados pola USAF como transporte presidencial coa designación H-13J. O 13 de xullo dese ano un H-13J foi o primeiro helicóptero usado por un presidente dos Estados Unidos cando transportou a Dwight D. Eisenhower dende a Casa Branca. En marzo de 1962 os dous helicópteros foron retirados das tarefas presidenciais pero usáronse como transportes VIP durante os seguintes cinco anos ata ser retirados en xullo de 1967.
Dous Bell 47J-2 foron usados durante a produción da película de 1966 Paradise, Hawaiian Style protagonizada por Elvis Presley. Ao longo do filme, a personaxe de Presley, Rick Richards, voaba un Bell 47J-2 sobre o arquipélago de Hawai.
Notas
Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Bell Helicopter