A Estatua da Unidade é unha estatua adicada ó estadista indio e fundador da república Sardar Vallabhbhai Patel (1875–1950), no distrito de Narmada en Gujarat, a India. É a estatua máis alta do mundo, cunha alzada de 182 metros ou unhas catro veces a medida da Estatua da Liberdade. Vallabhbhai Patel foi un dos máis salientables líderes do movemento de independencia da India, e o primeiro viceprimeiro ministro da India. A estatua atópase nunha insua fronte ó encoro de Narmada (tamén chamado encoro de Sardar Sarovar) preto de Rajpipla, a 100 quilómetros ó sueste da cidade de Vadodara.
O monumento e os seus arredores ocupan unha área de 2 hectáreas, e está arrodeado por un lago artificial de 12 km². Foi construído por Larsen & Toubro, que conseguiu o contrato por valor de ₹29,89 billóns (US$420 millóns) para o seu deseño, construción e mantemento en outubro de 2014. A construción comezou o 31 de outubro de 2014 e rematou a mediados de outubro de 2018. Foi deseñado polo escultor indio Ram V. Sutar, e foi inaugurado polo Primeiro Ministro indio Narendra Modi o 31 de outubro de 2018, co gallo do 143 aniversario do nacemento de Patel.
miniatura|esquerda|250px|Alturas aproximadas dalgunhas das estatuas de máis sona:1. Estatua da Unidade 240 m (incluíndo os 58 m da base)2. Buda do Templo da Primavera 153 m (incluíndo o pedestal de 25 m e o trono de 20 m)3. Estatua da Liberdade 93 m (incluíndo os 47 m do pedestal)4. Estatua da Nai Patria 87 m (incluíndo 2 m de pedestal)5. Estatua do Cristo Redentor 38 m (incluíndo 8 m de pedestal)6. David de Michelangelo 5,17 m (excluíndo o plinto de 2,5m).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista das estatuas máis altas Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Arquitectura da India Categoría:Símbolos da India Categoría:Estatuas