Nicanor Rielo Carballo, nado en Arcos de Frades (Pol) o 22 de marzo de 1932 e finado o 13 de marzo de 2000, foi un crego, etnógrafo e escritor galego. Usou o pseudónimo R. Lenza.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo, completando os estudos de Ciencias Sociais no Instituto Social León XIII de Madrid. Foi destinado como sacerdote ao Courel e moi pronto comezou a exercer de capelán nos Peares no poboado da industria hidroeléctrica. Axiña se comprometeu coa cultura da contorna e tamén representou o clero da comarca no Concilio Galego.

Ten colaborado con artigos en diversas publicacións, como Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Encrucillada, Lucensia, Irimia… con artigos sobre o románico lugués, costumes, ditos, topónimos etc. Formou parte do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego.

Na Escolma de Carballedo (1976) recolle cantigas, contos, enredos, oracións, panxoliñas, refráns e romances.

Nicanor Rielo Carballo é irmán de Isaac Rielo Carballo, tío de Pedro Rielo e cuñado de Paz Lamela Vilariño.

Obra

La parroquia de San Vicente de Pombeiro (reseña turística) (1976), 43 p. En castelán. Escolma de Carballedo (1976), Castrelos, ISBN 8470410415, 253 p. A romaxe do Faro (1978), Castrelos, ISBN 8470410970, 45 p. El libro lucense: (1495-1936) (1982), Ediciós do Castro, ISBN 8474921317, 783 p. En castelán. Dende o meu lar: semblanza de don Manuel Rielo Lenza (1984), Celta, ISBN 8439816502, 59 p. Microtoponimia de Arcos (1995), Ed. de autor, ISBN 8460542114, 123 p. Libros impresos en Lugo (1996), Deputación Provincial de Lugo, ISBN 8481920649, 143 p.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Enciclopedistas de Galicia