Inokentii Iliarii Lototskyi (en ), nado en Stari Petlykivtsi (distrito de Buchach, Ucraína) o 3 de novembro de 1915 e finado en Chicago o 4 de xullo de 2013, foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo de San Nicolao de Chicago entre 1980 e 1993.
Traxectoria Naceu o 3 de novembro de 1915 en Stari Petlykivtsi, entón no Reino de Galicia e Lodomeria. Logo de rematar os estudos na súa vila natal, trasladouse a Buchach ao Instituto Misioneiro de San Xosafat dependente do mosteiro basiliano de Buchach, do que graduouse en 1932. Ao rematar os seus estudos entrou no novizado basiliano de Krekhiv, tomando o nome de "Inokentii". Completou o novizado en 1934 facendo os primeiros votos alí, e continuou a súa formación relixiosa en Lavriv, preto de Starii Sambir. Entre 1936 e 1937 estudou retórica en Dobromyl, onde fixo os votos solemnes o 8 de agosto de 1937. Posteriormente estudou filosofía até 1939 en Krystynopil.
Co estoupido da segunda guerra mundial, profesores e estudantes de teoloxía trasladáronse a Olomouc (Checoslovaquia), onde Lototskyi foi ordenado sacerdote o 24 de novembro de 1940 por Pavel Peter Gojdič. Permaneceu en Olomouc até xaneiro de 1941, cando trasladouse a Viena para ampliar os seus estudos teolóxicos.
En novembro de 1946 trasladouse a Bélxica, exercendo o seu ministerio entre a diáspora ucraína, e a finais de ano trasladouse aos Estados Unidos de América, onde foi mestre e abade até 1951 en Filadelfia. Entre 1951 e 1953 foi profesor en Nova York para a provincia basiliana de América, e posteriormente até 1958 párroco da Igrexa de San Xurxo en Manhattan. En 1958 pasou a ser mestre de novizos en Glen Cove, e en xaneiro de 1960 abade do mosteiro basiliano de Chicago. A partir de novembro de 1961 foi párroco da igrexa de San Nicolao, e o 1 de agosto de 1962 foi trasladado como abade e párroco á igrexa da Inmaculada Concepción de Hamtramck.
O 22 de decembro de 1980 foi nomeado por Xoán Paulo II bispo de San Nicolao de Chicago. Foi consagrado bispo o 1 de marzo de 1981 en Roma por Yosyf Slipyi.
Permaneceu no cargo até que lle foi aceptada a renuncia por razón de idade o 2 de xullo de 1993. Foi ingresado por problemas respiratorios o 29 de xuño de 2013 no Presence Saints Mary and Elizabeth Medical Center de Chicago, onde finou o 4 de xullo.
Notas
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Stari Petlykivtsi Categoría:Finados en 2013 Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Personalidades sen imaxes