Florencio Cerviño González, nado en Anta, Areas (Tui) o 7 de novembro de 1857 e finado en Ourense o 31 de xaneiro de 1941, foi un relixioso galego, bispo da Diocese católica latina de Ourense desde 1921.

Durante a súa mocidade escribiu varias poesías e artigos co pseudónimo de Solino Forcey.

Traxectoria En 1874 ingresou no seminario de Tui. Fixo os estudos sacerdotais cunha bolsa. Tras recibir o grao de bacharel en Teoloxía en 1883, foi nomeado profesor de filosofía. En 1883 foi nomeado presbítero. Estudou dous anos de canons, e en 1887 foi nomeado capelán do Asilo de Anciáns Desamparados. En 1890 doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Canons, e foi nomeado fiscal do tribunal eclesiástico. Posteriormente accedeu mediante oposición á Maxistralía do cabido. miniatura|Unha lápida na fachada da igrexa parroquial de Areas conmemora o nacemento do bispo. Escribiu poesías en El Eco del Miño. Nese periódico sostivo unha polémica con Indalecio Armesto, a través de once artigos asinados co pseudónimo de Solino Forcey. Publicou, ademais, Conferencias dogmáticas sobre el liberalismo, predicadas en la S. I. Catedral de Tui en el Adviento de 1898. En La Integridad publicou en 1901 unha oración fúnebre na memoria de Rosendo Salvado.

O 7 de marzo de 1921 foi nomeado bispo de Ourense polo papa Bieito XV, e foi consagrado na Catedral de Santa María de Tui o 27 de decembro dese ano polo bispo Manuel Lago González. Tras diso publicou Primera carta pastoral dirigida al clero y fieles de la diócesis (1922).

Desde a súa chegada á diocese ourensá traballou pola restauración e reapertura do Mosteiro de Santa María de Oseira.

A súa doutrina teolóxica evolucionou dende un integrismo radical cara a un conservadorismo oposto ás reformas relixiosas da Segunda República Española.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.Enciclopedia Galega Universal

Durante a Guerra civil española foi un dos asinantes da "Carta colectiva dos bispos españois con motivo da guerra en España" (1937)"Carta colectiva de los Obispos españoles con motivo de la guerra en España" (1937). Boletín Oficial del Obispado de Córdoba . e mantivo un claro apoio ás medidas de limpeza:

Vida persoal Foi irmán do tamén relixioso Antonino Cerviño González.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Diego Bugallo Pita Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público