María Dolores Villanueva Gesteira, máis coñecida como Malores Villanueva, nada na Xesteira (Almofrei, Cerdedo Cotobade) o 26 de xuño de 1982, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria Estudou no Colexio Público Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas) e no IES Xunqueira II (Pontevedra). Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Filoloxía Galega, obtendo o Premio Nacional Fin de Carreira, e en Filoloxía Románica, licenciatura pola que recibiu o Premio Fin de Carreira de Galicia. O 20 de xaneiro de 2016 defendeu a súa tese de doutoramento: A Editorial Galaxia: proxecto e traxectorias 1950-1963, tema que volveu tratar nos 70 anos da Editorial.
Entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia e impartiu docencia na licenciatura e grao de Filoloxía Galega (USC) entre 2009 e 2011. Tamén foi Professora d'Estudis Gallecs (lectora da Xunta de Galicia) na Universidade de Barcelona. En xullo de 2017 aprobou as oposicións de secundaria en Lingua Galega e Literatura e comezou a impartir docencia no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo e logo en 2019 con destino definitivo no IES Álvaro Cunqueiro da mesma cidade.
Antes de aprobar as oposicións foi Directora de edición e comunicación da Editorial Galaxia e desde 2018 editora externa.
Participou como xurado nos Premios da Crítica 2018 e no Premio Blanco Amor de novela e no Premio de Relato Breve Nélida Piñón. Coordinou o Premio de narrativa Illa Nova e o Premio Viadutos de Novela do Concello de Redondela.
Colaborou en publicacións coma Grial, Revista Sarmiento, A Trabe de Ouro, Revista Murguía, Boletín da Real Academia Galega, Fronterad-Revista dixital, Tempos Novos, Estudos de Lingüística Galega, Informe de Literatura ou Madrygal. Revista de estudios gallegos. Algúns son críticas literarias, pero moitos outros teñen que ver coa situación lingüística durante o franquismo, os discursos, o galeguismo nese momento crucial. Tamén con artigos semanais en La Voz de Galicia.
Foi padroeira e secretaria da Fundación Penzol e da Fundación Premios da Crítica e formou parte dende o 1 de febreiro de 2016 do Consello Social da Lingua do Concello de Vigo. Tamén foi colaboradora externa do Instituto da Lingua Galega e participou en ProLingua. miniatura|Presentación de Feminicidio de Carme Adán na Casa das Campás o 31/01/2018. Coa autora e Luís Bará. Colaborou en Chamando á terra da Radio Galega, no Zig Zag da TVG e mesmo foi pregoeira da Festa do Petote en Carballedo (Cotobade) en 2011.
En 2023 dedicóuselle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, do que Malores Villanueva é unha estudosa, polo que publicou artigos, libros (en Galaxia) e foi co-comisaria de exposicións con Malós Cabrera.
Publicacións Lingua en sociedade, a aldea da Xesteira (2006), Deputación de Pontevedra-Consello da Cultura Galega. Premio Antón Fraguas de Investigación. A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (2010), Deputación de Pontevedra. Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais. Anton Fraguas. Mestre da memoria (2019). Editorial Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-310-0. Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia (2022). Vigo: Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-9151-966-9.
En obras colectivas miniatura|Malores Villanueva no Premio Illa Nova
Mil e un Cunqueiros: novas olladas para un centenario : do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 (2014),coord. por Manuel Forcadela, Teresa López, Dolores Vilavedra Fernández, "Álvaro Cunqueiro na órbita de Galaxia: a recuperación do escritor", páxs. 263-279 e "Álvaro Cunqueiro no seo do galeguismo", páxs. 283-294.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista en Quilombo Noroeste Entrevista en Galicia Hoxe, 2011 Entrevista en La Voz de Galicia, 2018
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria