As Escolas de Ensino Galego Semente son unha rede de escolas de Galiza que teñen o galego como lingua vehicular.
Historia miniatura|240x240px|Reportaxe en Nós TV. As escolas Semente son unha iniciativa social sen ánimo de lucro, impulsadas inicialmente pola Asociación Cultural Gentalha do Pichel. Apareceron como un xeito de defender os dereitos lingüísticos dos nenos galegofalantes, nun momento no que a Xunta de Galicia, a través do decreto 79/2010, reducía a presenza do galego na escola e prohibía o seu emprego nas materias científicas.
As escolas toman o seu nome das Escolas de Insiño Galego criadas a comezo do século XX polas Irmandades da Fala.
O proxecto, que comezou en Compostela no 2011 con tres nenos e dous profesores, contaba no ano 2022 con escolas infantís na Coruña, Lugo, Vigo e Ourense, e de educación infantil e primaria en Santiago de Compostela e Trasancos.
En recoñecemento ao seu labor en prol do idioma galego, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua concedeulle no 2020 o premio Mil Primaveras.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Escolas de Insiño Galego Inmersión lingüística
Ligazóns externas Projeto Educativo Semente (Proxecto detallado). Premios Mil Primaveras - CNTL. (2020).
Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:Ensino en Galicia