O serval,serval, en Digalego . Leptailurus serval, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.Leptailurus serval en MSW.Leptailurus serval (Schreber, 1776) no ITIS.
Para a maioría dos autores trátase dunha especie monotípica, xa que o seu xénero só comprende unha especie.
É un felino de tamaño medio, máis grande que un gato doméstico, que vive nas sabanas abertas, desde zonas de mato abertas até selvas, especialmente cerca de ríos e lugares pantanosos, pero tamén en áreas semidesérticas de África.
Características O serval é un felino de tamaño medio, sendo os machos de maior tamaño que as femias. A lonxitude da cabeza e o tronco oscila entre os 67 e os 100 cm, aos que hai que engadir entre 24 e 45 cm da cola; a altura na cruz alcanza entre os 45 e os 55 cm; o seu peso varía entre os 8 e os 18 kg. A súa constitución é esvelta, coa cola non moi longa e a cabeza pequena en relación ao resto do corpo, con orellas grandes. Destacan as súas pencas negras. Os servais son bos corredores e, aínda que non adoitan subir ás árbores, poden gabear bastante ben. Nas zonas boscosas, sobre todo nas montañas, non son infrecuentes os individuos melánicos.
A súa fórmula dentaria é: 3/3, 1/1, 3/2, 1/1 = 30.
Hábitat e distribución Aínda que abunda máis nas zonas de matogueiras claras, está presente tamén en sabanas abertas, e en selvas, particularmente cerca de lugares pantanosos e ríos, e en semidesertos, polo que a súa área de distribución esténdese por gran parte do continente africano, coa excepción das zonas desérticas, as selvas húmidas da África occidental e da cunca do Congo, e boa parte do extremo sur de Suráfrica, onde se extinguiu a subespecie local (Leptailurus serval serval) debido a caza excesiva.Thiel, C. (2015): Leptailurus serval na Lista vermella da UICN. Versión 2018.1. Consultada o 7 de novembro de 2018.
A subespecie que habita ao norte do Sáhara (Leptailurus serval constantinus) probablemente encóntrase extinta, sendo as súas últimas citas en Alxeria de 1880 ou quizais de 1930.
Os servais presentes en Tunisia proceden de reintroducións feitas con exemplares subsaharianos.
Bioloxía e ecoloxía miniatura|Un serval xuvenil. O serval é un depredador que se alimenta de pequenos animais (ao igual que a maior parte dos felinos). As súas presas máis comúns son roedores e aves de tamaño medio e, excepcionalmente, algunhas especies de antílopes.
Á súa vez, son cazados ocasionalmente por leopardos e, con moita máis frecuencia, polo home, pois a súa pel considérase moi valiosa ao longo e largo de África.
As femias paren de 2 a 4 crías por camada, tras un período de xestación de entre 60 e 65 días, que coidan en solitario nun tobo abandonado por outro animal, con frecuencia o porco formigueiro.
Caza e alimentación miniatura|240px|Cabeza de serval. O serval é basicamente nocturno, polo que caza sobre todo pola noite, a non ser que sexa perturbado pola actividade humana ou da presenza de depredadores nocturnos máis grandes. A pesar de que está especializado en roedores, é un depredador oportunista cuxa dieta inclúe tamén aves, lebres, damáns, réptiles, insectos, peixes e ras.Serval. African Wildlife Foundation. Consultada o 1 de decembro de 2018. Máis do 90 % das súas presas pesan menos de 200 g.Serval (Leptailurus serval) Fact Sheet, 2010. San Diego Zoo. Consultada o 1 de decembro de 2018 O serval come moi rápido, ás veces demasiado rápido, o que pode causar que se atragoe e regurxite debido á obstrución da garganta. Normalmente caza e se alimenta de pequenas presas das que devora todo. Con presas máis grandes evita os órganos e intestinos xunto coa pel, plumas, picos, patas ou pezuños. Utiliza unha técnica para desplumar moi eficaz que consiste en lanzar repetidamente as aves capturadas ao aire ao mesmo tempo que golpean a súa cabeza de lado a lado, eliminando así as plumas.
Como parte das súas adaptacións para a caza nas sabanas, o serval conta cunha patas longas (as máis longas de todos os gatos, en relación co tamaño do corpo) para saltar, e que tamén o axudan para alcanzar unha velocidade máxima de 80 km/h, e ten grandes orellas cun sistema auditivo moi agudo. As súas longas patas e o longo pescozo permítenlle ver a través dos pasteiros de herbas máis altas; mentres que os oídos utilízaos para detectar ás súas presas, incluso en tobos subterráneos. O seu ataque repentino é un salto en vertical moi preciso, que pode ser unha adaptación para a captura de aves.Hunter, Luke & Hinde, Gerald (2005): Cats of Africa. London: New Holland Publishers. pp. 61–62. ISBN 1-7700-7063-X. É capaz de saltar até 3,6 m horizontalmente desde unha posición estacionaria, e aterrar con precisión no seu obxectivo con forza suficiente para atordar ou matar á súa presa co impacto.Sunquist, Mel & Sunquist, Fiona (2002): Wild cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. pp. 142–151. ISBN 978-0-2267-7999-7. O serval é un cazador eficiente, dada a porcentaxe de captura de presas: 50 % en media, fronte a unha media do 38 % para os leopardos e o 30 % para os leóns.
O serval é extremadamente intelixente e demostra gran capacidade para a resolución de problemas, polo que é capaz de facer travesuras, así como burlarse facilmente da súa presa e eludir a outros depredadores. A miúdo xoga coa súa presa capturada durante varios minutos antes de consumila. Na maioría das situacións, defende feroz o seu alimento contra os intentos de roubo. Os machos son máis agresivos que as femias.
Reprodución miniatura|Femia de serval cun cachorro.
A época de apareamento do serval ten unha duración de até catro días. Unha femia é capaz de parir varias camadas durante todo o ano, pero normalmente o fai só se as camadas anteriores morren pouco despois do nacemento. A xestación dura de 66 a 77 días, e xeralmente nacen dous cachorros, ás veces tan só un, e outras até catro.
As crías pesan ao redor de 250 g ao naceren, e son nos primeiros días cegas, e están cubertas por unha capa de pelo lanoso agrisado. Abren os ollos entre os 9 e os 13 días de idade, e comenzan a inxerir alimentos sólidos ao cabo dun mes. Nuns seis meses adquiren os seus dentes caninos permanentes e comenzan a cazar por si mesmas; abandona a súa nai aos 12 meses de idade. Poden alcanzar a madurez sexual entre os 12 e os 25 meses de idade.
A súa esperanza de vida é duns 10 anos na natureza, e de até 20 anos en catividade.Tonkin, B. A. (1972): "Notes on longevity in three species of felids". International Zoo Yearbook 12: 181–182. A vida máis longa rexistrada nun serval africano salvaxe foi de 23 anos de idade. En cativerio, a media de vida é de 22,4 anos.Grzimek, B. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. New York: McGraw-Hill.<ref>Livingston, S. (2009): "The nutrition and natural history of the serval (Felis serval) and caracal (Caracal caracal)". The Veterinary Clinics of North America, 12 (2): 327-334.</ref>Walker, E., F. Warnick, K. Lange, H. Uible, S. Hamlet, M. Davis & P. Wright (1964): Mammals of the World. Baltimore, Maryland: The Johns Hopkins Press.Weigl, R. (2005): Longevity of Mammals in Captivity; from the Living Collections of the World. Stuttgart: Kleine Senckenberg-Reihe 48.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero Leptailurus foi creado en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, 1858 (2) 10: 389.Leptailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
Especie A especie foi descrita en 1776 polo médico, botánico e zoólogo alemán, discípulo de Linneo, Johann Christian Daniel von Schreber, en Die Säugethiere, 3 (16): pl. 110. (Imaxe).
Etimoloxía Xénero O nome Leptailurus quizais se construíu a partir do primeiro elemento lep-, tirado do grego antigo λεπταλέος (leptaléos) ou λεπτός (leptós) que significa 'fino', 'delicado', ao que se engadiu o substantivo do grego antigo αἲλουρος aíluros, 'gato'.Ailurus no Merriam-Webster Dictionary.
Especie O termo serval deriva do latín moderno Serval, empregado por primeira vez por Buffon en 1765, que o tomou do galego-portugués (lobo) cerval ('lince', referido ao lince ibérico),serval no Merriam-Webster Dictionary. termo derivado do latín clásico lupus cervarius, literalmente 'lobo que caza ao cervo', de cervarius, -a, -um, 'pertencente ao cervo', de cervus 'cervo'.serval no Online Etymology Dictionary.
Nome vulgar Na maioría das linguas modernas a especie coñécese como serval. En afrikaans denomínase tierboskat e, en suahili, mondo, kisongo, marara e tsui mbara.
Notas taxonómicas O xénero foi considerado como un subxénero de Felis por McKenna e Bell (1997).McKenna, M. C & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Parece que hai pouco acordo sobre a relación de Leptailurus con outros felinos. Pocock (1917) situouno canda Leopardus,Pocock, R. I. (1917): "The Classification of existing Felidae". The Annals and Magazine of Natural History. Serie 8, Volume XX: 329–350. mentres que Weigel (1961), Hemmer (1978) e Bininda-Emonds et al. (1999) agrupárono con Felis, Lynx e Caracal. Salles (1992) xuntouno con Prionailurus bengalensis, e Johnson e O'Brien (1997) e Mattern e McLennan (2000) con Caracal e Profelis. Severtzov (1858), Groves (1982) e McKenna e Bell (1997) consideraron a Leptailurus como un subxénero de Felis.
Sinonimia Xénero O xénero coñeceuse, ao longo da historia polos sinónimos:Leptailurus en MSW. Galeopardus Heuglin & Fitzinger, 1866 Serval Brehm, 1864 Servalina Greve, 1894
Especie Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo seguintes sinónimos:
Felis capensis (Forster, 1781) Felis galeopardus (Desmarest, 1820) Felis ogilbyi (Schinz, 1844) Felis serval (Schreber, 1776) (epónimo) Felis servalinus (Ogilby, 1839) Felis algiricus (J. B. Fischer, 1829) Felis senegalensis (Lesson, 1839)
A dos felinos, unha taxonomía discutida Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.Caracal Gray, 1843 no ITIS.
Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". En: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
No século XIX e principios do XX algúns taxonomistas examinaron moitas peles de servais, e identificaron dúas especies sobre a base do patrón da capa: Felis serval (o serval), con manchas grandes e pronunciadas, e Felis servalina ou Felis ornata (coñecido como servalina ou gato servalina), con peles marcadas con moutas de cor parda. F. servalina foi descrito por primeira vez en 1839 polo naturalista irlandés William Ogilby nun exemplar de Serra Leoa. En 1867, o zoólogo británico John Edward Gray describiu F. herschelii a partir da pel dun espécime da India, que probabelmente era o mesmo que o gato servalina. En 1907, o zoólogo británico Reginald Innes Pocock comentou que as dúas formas deberían considerarse como especies independentes, pero cambiou de opinión 1917.Hunter, L. & Bowland, J. (2013): "Leptailurus serval Serval". En: Kingdon, J.; Happold, D.; Butynski, T.; Hoffmann, M.; Happold, M. % Kalina, J. Mammals of Africa. London, UK: Bloomsbury Publishing. pp. 180–184. ISBN 978-1-4081-8996-2. Finalmente, as dúas formas chegaron a ser recoñecidas como a mesma especie. Outra forma, F. himalayanus (o serval do Himalaia), foi descrita a partir dunha pel adquirida na rexión do Himalaia. Con todo, o naturalista escocés William Jardine observou en 1843 que ningún exemplar identificado por el ou polos seus colegas difería considerabelmente do serval común. En 1944, Pocock identificou tres razas do serval do norte de África.