Espazo Caritel, Arte e natureza é un conxunto de museo e parque sito no Caritel (San Martiño de Mondoñedo, Foz).

Características

O museo contén obras do artista plástico "Caxigueiro", Daniel Río Rubal, nun edificio construído polo arquitecto Xosé D. Moscoso e que tamén alberga o estudo do artista, e o xardín, de 3500 m², onde dispón dunha colección de máis de cen variedades de camelia, amais doutras especies como hortensias, e diversa flora autóctona e especies pouco frecuentes na zona. O conxunto ofrece un lugar onde a escultura, a fotografía e a natureza se xuntan para ofrecer unha defensa de vida e cor ao longo de todo o ano.

Máis visitado na tempada de verán, o xardín ten floración en calquera tempada agás o outono.

Galería fotográfica

Notas

Categoría:Museos de arte

Categoría:Xardíns botánicos Categoría:Xardíns de Galicia Categoría:Museos da provincia de Lugo Categoría:Foz