Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) é un libro de poemas de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1986. Características

Son textos inéditos non recollidos en libro antes.

Para Laura Tato o propio título do volume é xa unha declaración de principios: a insensible muller da posguerra —que non era quen de estar á altura dos sentimentos do home— deixou paso á nova muller dos 80, á amiga actual que “sen necesidade de refram nen paralelismo” é capaz de amar coa mesma intensidade que o poeta. miniatura|Exemplar numerado e rubricado. Segundo Francisco Salinas Portugal é un libro singular cuxa importancia foi silenciada pola crítica a pesar de ser un libro extraordinario. .. que nel se dá un «equilibrio, entre a paixón e a serenidade, entre a seriedade e a ironia, entre a ternura e o cepticismo e ainda unha tensión vibrante entre a riqueza lingüística».

Segundo Sindo Villamayor ... 62 poemas dos que os máis característicos son cantigas postas en boca de mulleres, se ben nada teñan que ver coa escola poética do neotrobadorismo, nin estética nin formalmente. É a muller que busca unha forma de expresarse de seu: a muller no sentido antropolóxico, de ser persoa humana característica.

Segundo Henrique Rabuñal: nos dous primeiros apartados falan esas mulleres de hoxe das súas complexas relacións amorosas entre un el fragmentario e efémero e unha muller eterna e múltipla... Outros apartados evocan figuras míticas e históricas... O poeta defende o edén eterno previo ao pecado, reflexiona sobre o sentido igualador da morte, mergúllase no universo artúrico...

Contido 1ª parte 1. Amigo, sem necessidade 2. Diremo-nos adeus filosoficamente 3. Mentres eu conduzia o meu carro pola cidade em sombras 4. Comprende-me. Nom podo. Impossível com estas 5. Bem pode ser que tenha que renunciar a ti

6. Eu com el e com eles 7. Adeus, estou triste, mas certamente resignada 8. Esquecida vivia 9. Ajustarei-me os óculos

2ª parte 1. Sempre me olha ao passar 2. Empurrou-me contra a parede 3. Som Agregada de instituto 4. Jazo com António. Ouço o seu bronco respirar 5. Como está longe da sua terra e da sua amiga 6. Senhorita de vila, ignorante e fidalga

7. Fugiamos da nossa vila 8. Mamá e papá, por favor, nom choredes muito 9. Se me coseu o corpo com treze punhaladas

3ª parte 1. Desque vim Tristám fum a sua namorada 2. Som Isolda a das brancas mans 3. Senhor, vós sodes rei, vós chorades e eu parto 4. Johann Chrysostomus Wolfgang Theopilus Amadeus Mozart 5. Som Mistress Strauss. Viajava no Titanic

4ª parte 1. Eu conduzim até o rei Marco 2. Vem-te comigo ao bosque de Morois

3. Se Avalon é a Ilha das Maçás 4. Calquer lugar é bom para morrer

5ª parte 1. Ceptro e látigo cruzados 2. Como um leve frisar de arage sobre a reiva 3. Em Wulpensand ou em Iliom 4. O meu cavalo piafa no curro do castelo

5. De Rosalinda a Julieta 6. Pouco sabemos dela, fora do que nos dim 7. Pois Galaad redime a Lançarote

6ª parte 1. Ali, onde as rainhas orgulhosas

2. Umha mensagem da Dogaresa 3. Ao sudeste do teu coraçom 4. Onde eu escrevo Lésbia lê ti Clódia 5. Água e carbono é o teu corpo, sal 6. O sol, como um cam carinhoso 7. Dezoito anos tinha Helena 8. Por que serám tan formosas as coxas 9. As horas, com seus pés ligeiros, tecem 10. Nom o primeiro amor, o derradeiro

7ª parte 1. Pintura abstracta, música concreta 2. Ti, Miguel Anjo Fernám Velho

3. Mas este coraçom aprende pouco 4. Criamo-nos juntos e parecia que éramos 5. E agora tenho a mesma idade 6. As cousas nom som singelas 7. Irei-me sem sabê-lo 8. Da montanha em que fago o meu jejum 9. Quem me quijo? Alguém me quijo?

8ª parte 1. Já que viver feliz foi impossível 2. É tarde para todo

3. Isto é o que nos foi dado. Mais nada 4. Administrar o capital do nosso destino 5. Cando o comprendas, és maior de idade 6. Somos velhos 7. Na autoestrada de Barajas 8. Avançamos batendo metalicamente no solo 9. Ainda eu poderia ser feliz

Notas

Categoría:Obras literarias de 1986 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Poemas