Profelis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.Profelis en MSW.Profelis Severtzov, 1858 no ITIS.
É un xénero monotípico, xa que so inclúe unha especie, Profelis aurata.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1827 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, nun traballo publicado en Revue Mag. Zool. Paris, (2) 10: 386. Especie A especie foi desrita en 1827 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, baixo o nome de Felis aurata.Profelis no NCBI.
Etimoloxía O nome científico Profelis está formado polo elemento do latín científico pro-, derivado da preposición latina prō, 'diante de', e o substantivo latino fēlis, 'gato'. Literalmente 'o primeiro gato', ou 'o antepasado dos gatos'.
Sinónimos Ademais de polo nome que lle adxudicou Severtzov, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:Profelis no GBIF. Chrysailurus Severtzov, 1858
Subespecies Na única especie do xénero recoñécense dúas subespecies:Profelis aurata (Temminck, 1827) no ITIS. Profelis aurata (Temminck, 1827) Profelis aurata aurata (Temminck, 1827) Profelis aurata cottoni (Lydekker, 1907)
Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.Caracal Gray, 1843 no ITIS. Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018. E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal. Consultado o 14 de outubro de 2018.
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata. Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies: Caracal aurata Caracal caracal - o caracal
Filoxenia Desde 2006, as relacións filoxenéticas do caracal e outros gatos relacionados establecéronse como se indica a continuación:Werdelin, L.; Yamaguchi, N.; Johnson, W. E. & O'Brien, S. J. (2010): "Phylogeny and evolution of cats (Felidae)" . Biology and Conservation of Wild Felids: 59–82.
Pero aínda hoxe moitos autores, como vimos, recoñecen a Profelis como xénero independente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7. Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Felinos Caracal Caracal aurata
Ligazóns externas Profelis na EOL. Profelis no GBIF. Profelis no NCBI.
Categoría:Félidos Categoría:Mamíferos de África Categoría:Animais descritos en 1827