Valledupar é un concello colombiano, capital do departamento do Cesar. É a cabeceira do concello homónimo, o cal ten unha extensión de 4493 km², 483 250 habitantes e xunto á súa área metropolitana reúne 662 941 habitantes; está conformado por 25 correxementos e 102 vereas.
Atópase ó nordeste da Costa Atlántica colombiana, a beiras do río Guatapurí, no val do río Cesar formado pola Serra Nevada de Santa Marta ó oeste e a serranía do Perijá polo leste.
A cidade é un importante centro para a produción agrícola, agroindustrial e gandeira na rexión comprendida entre o norte do departamento do Cesar e o sur do departamento de La Guajira, no punto intermedio das dúas concas de explotación carbonífera máis grandes do país.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Cesar