Cesare Fedele Abbati, O.F.M.Ref.,Tamén Fidele Abbati, Fidèle Abbati, Fedele Abati. nado o 31 de marzo de 1820 en Módena e finado o 8 de abril de 1915, foi un relixioso latino, bispo de Santorini e de Quíos, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria Naceu en Módena o 31 de marzo de 1820. Entrou na Orde dos Freires Menores Reformados, e foi superior da súa orde en Esmirna.

O 17 de marzo de 1863 foi nomeado bispo de Santorini. Recibiu a consagración episcopal o 24 de maio do mesmo ano en Esmirna, de mans do arcebispo de Esmirna Vincenzo Spaccapietra.

O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado doméstico e bispo asistente ao trono pontificio polo papa Pío IX. Entre o 10 de maio e o 13 de xuño de 1869 participou nun Concilio de bispos latinos celebrado en Esmirna, no que tamén participaron Vincenzo Spaccapietra, Lorenzo Bergeretti, Spyridon Madalenas, Ignazio Giustiniani, Giuseppe Maria Alberti, Ioannis Maragkos, Niccola Adolfo Marinelli e Jacques Barozzi.

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Notas

Categoría:Nados en 1820 Categoría:Nados en Módena Categoría:Finados en 1915 Categoría:Bispos católicos de Grecia Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Franciscanos reformados Categoría:Relixiosos católicos de Italia